Aplicación flash que permite simular a forza de Coulomb entre dúas cargas eléctricas de igual ou distinto signo, modificando a posición relativa das mesmas. Devolve distancia e forza.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital, aula de ordenadores. e laboratorio virtual.
URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerza-de-coulomb
Deixar unha resposta