Aplicación flash que permite simular a composición de dous movementos rectilíneos uniformes a través da simulación dunha barca que cruza un río. Pódese variar a velocidade da barca e da corrente, e o ángulo entre elas.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.
URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/cruzar-el-rio
Deixar unha resposta