Física e Química Interactiva para 3ºESO

Material dixital interactivo elaborado polos extremeños Claudia García Martinez e Antonio Morillo Nieto que inclúen os contidos de Física e Química de 3ºESO xunto con actividades interactivas sobre os mesmos e cuestionarios de avaliación. A sección Laboratorio amosa mediante animacións procesos seguidos en relación cos contidos tratados en cada tema.

URL do recurso: http://contenidos.educarex.es/mci/2006/22/unidad/indice.htm

Advertisement

Cambios de estado da auga

Aplicación flash da web Educaplus.

Permite visualizar aos cambios de estado da auga desde -5ºC segundo sube a temperatura.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección en canón ou pizarra dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/cambios-de-estado-del-agua

Viaxe ao interior da materia

Unidade didáctica  interactiva feita por Jordi Vivancos Martí, Pilar Bermejo Mezquita e Alfonso Mendo Pina que desenvolve contidos sobre a estrutura atómica da materia. Contén catro tipos de actividades:
– Materiais expositivos.
– Simulacións.
– Unha investigación para que o conxunto da clase aborde a construción dunha táboa periódica.
– Preguntas de autoevaluación interactivas.
Ofrece tamén varios recursos: unha táboa periódica interactiva, un glosario de termos e ligazóns de interese.

Adecuada para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2000/materia/web/index.htm

Leis dos Gases

Dentro da páxina de recursos do INTEF (Instituo Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) do MECD. Desenvolve o estudo dos gases mediante páxinas de explicación, audio, simulacións flash e exercicios interactivos.  Inclúe as biografías de Avogadro, Boyle, Charles e Gay-Lussac.

Adecuado para uso na aula mediante proxección ou como material complementario.

URL do recurso: http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2003/gases/

Iniciación interactiva a la materia

Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.

Está estructurado nas seccións seguintes:

Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).

Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/index.html

Calor y temperatura

Explicacións, ilustracións, propostas de actividades e applets Java. Moi exhaustivo. Elaborado por José Villasuso Gato (IES Monelos) Premio Educared 2002.  Deseñado para 4º da ESO, ten aplicación en outros niveis.

Os applets son os seguintes: Temperatura e axitación, Temperatura e presión, Cambios de estado, Medida do equivalente en auga do calorímetro e Medida do calor específico.

Adecuado como material complemetario e, sobre todo algúns applets, para proxección e a modo de laboratorio virtual.

URL do recurso: http://teleformacion.edu.aytolacoruna.es/FISICA/document/fisicaInteractiva/Calor/index.htm

Leis dos gases. Estudo experimental.

Páxina que desenvolve de xeito sinselo as leis dos gases. Inclúe un video no que reproduce procesos isotermos,  isobaros e isocoros no laboratorio. Eses mismos procesos están simulados en pequenas animacións flash.

Feita por Luis Ignacio García González. Está na sua web FisQuiWeb.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Gases/index.htm