Campo eléctrico creado por unha carga.

Aplicación flash que permite visualizar as liñas de campo dunha carga de foram tridimensional. Permite rotar a carga, poñéndose de manifesto o carácter tridimensional do campo.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/campo-creado-por-una-carga

Advertisements

Campo eléctrico creado por dúas cargas.

Aplicación flash que permite visualizar a intensidade e as liñas do campo eléctrico creado por dúas cargas. Pódese variar o signo das cargas e visulaizar ou non as liñas de campo.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/campo-creado-por-dos-cargas

Iniciación á electricidade-electrónica

Aplicación flash feita por Juan Manuel Fernández y José Luis García Chan. Desenvolvida para ciclos de FP, ten unha parte de eletricidade que se axusta aos contidos de 3º de ESO:  Estructura atómica. Magnitudes da electricidade. Imanes, corrente eléctrica e Inducción. Contén actividades interactivas.

Adecuada para proxeción e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2006/material081/index.html

Electricidade

Webquest na que se lle pide ao alumnado que elaboren unha liña de tempo cos principais eventos que permitiron desentrañar os fenómenos eléctricos e magnéticos.  Pertence a proxecto Agrega. Actualmente algunhas ligazóns porpostas como recurso, están rotas.

URL do recurso: http://agrega.catedu.es/visualizar/es/es-ar_2009112312_9124116/false

Circuitos eléctricos

Laboratorio virtual feito en flash por Luis Ignacio García (FisQuiWeb) no que se poden simular circuitos para comprobarmos a Lei de Ohm e a Lei de Ohm xeneralizada. Pódense engadir resistencias, fíos, xeneradores, voltímetros, amperímetros… e variar as súas características a vontade.

Adecuado para preparar sesións de prácticas e, mediante proxección na aula, para apoiar a explicación destas leis.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Laboratorio/Circuitos/Portada.htm