Aplicación flash da web Educarex que permite traballar a constitución dos átomos en partículas subatómicas. Seleccionando un elemento da táboa periódica, devolve o número atómico e o número de masa e a configuración electrónica fundamental. Adecuado como material complementario.
Simulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Pódense escoller diversos idiomas, entre eles español e galego.
Explica a radiación beta como partículas beta saíndo do núcleo, e o concepto de vida media e o seu carácter estadístico-aleatorio. A simulación pode facerse cun número de núcleos que decaen ou cun so núcleo no que se observa a súa evolución.
Puzle no que o usuario debe colocar cada elemento no seu casil. Non inclúe lantánidos e actínidos. Ao acertar, o elemento queda no seu lugar, en caso de erro, volta a súa posición orixinal. Ao rematar, da puntuación segundo os intentos necesarios.
Feito en flash. Corresponde a web Educaplus.
Adecuado como material complementario para xogar a aprender os símbolos, o carácter metálico e a posición na táboa.
Material dixital interactivo elaborado polos extremeños Claudia García Martinez e Antonio Morillo Nieto que inclúen os contidos de Física e Química de 3ºESO xunto con actividades interactivas sobre os mesmos e cuestionarios de avaliación. A sección Laboratorio amosa mediante animacións procesos seguidos en relación cos contidos tratados en cada tema.
Aplicación flash da web Educaplus que simula a cesión de electróns entre metais e no metais na formación do enlace iónico. Tres exemplos. Model0 de capas sinxelo.
A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.
Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección.
Aplicación feita por Jesús Peña Cano, disponible no portal do ITE (antes CNICE) que proporciona información e actividades sobre os elementos da táboa periódica. Propiedades periódicas, propiedades eléctricas, térmicas, termodinámicas, configuración electrónica, espectros de absorción e emisión, forma dos orbitais s, p, d e f, etc.
Adecuada para proxección e como material complementario.
Unidade didáctica interactiva feita por Jordi Vivancos Martí, Pilar Bermejo Mezquita e Alfonso Mendo Pina que desenvolve contidos sobre a estrutura atómica da materia. Contén catro tipos de actividades:
– Materiais expositivos.
– Simulacións.
– Unha investigación para que o conxunto da clase aborde a construción dunha táboa periódica.
– Preguntas de autoevaluación interactivas.
Ofrece tamén varios recursos: unha táboa periódica interactiva, un glosario de termos e ligazóns de interese.
Páxina sobre a táboa periódica da FisQuiWeb (de Luis Ignacio García, Avilés). Ademáis da súa propia táboa con información básica, inclúe unha biografía visual de Mendeleiev, curiosidades sobre a táboa, como por exemplo unha versión do rock Johnny be good de Chuck Berry, coa letra falando dos elementos; táboas insólitas, diferentes deseños propostos e ligazóns á IUPAC e ao proxecto Centenario de Mendeleiev dos Museos Científicos Coruñeses.
Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.
Está estructurado nas seccións seguintes:
Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).
Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.
Esta táboa permite acceder a información de cada elemento: valencia, electronegatividade, radio atómico, iónico e covalente, densidade, punto de fusión e ebulición, etc. Descríbense as súas propiedades químicas e físicas e os seus efectos ambientales e sobre a saúde. Pódense ordear por nome, símbolo, número atómico, ano de descubrimento,… Tamén inclúe unha historia da táboa periódica. Pertence á páxina “Water treatment solutions Lenntech”
Adecuada para o traballo do alumnado en ordenador, individual ou en grupo, ou para proxección.
]Táboa periódica da páxina de Educaplus que, ademais de información accesible interactivamente (propiedades física e químicas dos átomos e elementos, espectroscopía, modelos de orbitales, historia da táboa…), inclúe test e actividades sobre a mesma.
Adecuada para traballo individual ou en grupo e, tamén, para proxección con canón ou en pizarra dixital.