Forzas no xiro dos planetas

Forza centrípetaSimulación feita en flash da web Educaplus. Presenta o movemento dun satélite en órbita circular en torno a un planeta identificando a forza gravitatoria como a forza centrípeta necesaria para ese xiro.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerzas-en-el-giro-de-satelites

Advertisement

Tipos de forzas

Tipos de fuerzasAplicación flash da web Educaplus. Ilustra os distintos tipos de forzas.

Comeza polas forzas básicas na naturaleza: gravitatorias, electromagnéticas e nucleares. Prosigue con forzas de contacto como o impulso, normal, rozamento e tensión. Remata coa forza elástica.

Adecuado para proxección durante a explicación.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/tipos-de-fuerzas

MRUA Gráfica v-t

Gráfica v-t MRUASimulación feita en flash  da web Educaplus. Constrúe a gráfica v-t dun móbil ao tempo que este se move. Pódese variar a aceleración. Devolve posición, velocidade e tempo.

Adecuado para proxección e como material de reforzo e repaso.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/mrua-grafica-v-t

 

Conservación do momento lineal

AplicacióConservación de pn flash da web Educaplus.  Simula unha explosión dun corpo en múltiples fragmentos de distinta masa e velocidade. Meidante unha suma vectorial gráfica ilustra como o momento lineal tras a explosión e a mesma que antes dela.

Adecuado para proxección durante a explicación.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/conservacion-del-momento-lineal

 

Leis da dinámica

coheteAplicación flash da web Educaplus que ilustra as leis da dinámica.

Trátase dunha animación dun cohete espacial, sobre el actua únicamente a forza de propulsión que o usuario decide. Propulsando ou non póñense de manifiesto as tres leis da dinámica. A animación devolve os valores de forza e velocidade e representa os vectores forza, aceleración e velocidade.

Adecuado para proxección durante a explicación e como material complementario.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/leyes-de-la-dinamica

 

Condición de equilibrio nun balancín

BalancínAplicación flash da web Educaplus. ilustra a condición de equilibrio de dous pesos a distintas distancias do centro de oscilación nun balancín. Permite variar as masas e as distancias ata atopar a situación de equilibrio. Devolve o momento de cada peso con respecto ao centro do balancín.

Adecuado para proxección, como laboratorio virtual e como actividade de reforzo ou ampliación.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/condicion-de-equilibrio-en-el-balancin

 

MRUA Gráfica e-t

Grafica MRUAAplicación flash da web Educaplus. Traza a gráfica posición-tempo dun móbil que leva un MRUA ao tempo que este se move. Pódese variar a aceleración. A velocidade inicial e a posición inicial son cero.

Adecuado para proxección no tempo da explicación e para repaso.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/mrua-grafica-e-t

 

MRU Gráfica e-t

grafica e-t

Aplicación flash da web Educaplus que traza a gráfica posición-tempo dun móbil ao tempo que vemos como se move. Pódese seleccionar a velocidade.

Adecuado para proxección ao tempo da explicación ou para repaso.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/mru-grafica-e-t

 

MRU-Gráfica v-t

Grafica v-t MRUAplicación flash da web Educaplus.

Traza a gráfica v-t dun móbil que leva un MRU, poidendo seleccionar a velocidade do mesmo, ao tempo que vemos como se move.

Adecuado para proxección durante a presentación da unidade.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/mru-grafica-v-t

 

Magnitudes escalares e vectoriais

Magnitudes escalares e vectoriais

Aplicación flash da web Educaplus  para clasificar algunhas magnitudes como escalares ou vectoriais.

Adecuado como traballo complementario ou de reforzo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/magnitudes-escalares-y-vectoriales

 

El sistema de referencia en los movimientos rectilíneos

 

sistemarefe

Aplicación flash da web Educaplus. Ilustra como a elección dun sistema de referencia ou outro permite facer o estudo do movemento máis comodamente. Pódense xirar os eixos de coordenadas para facer esa elección.

Adecuado para proxección nas aulas.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/sistema-de-referencia

 

 

 

Cuerpo colgado de dos puntos en equilibrio

dospuntos

Aplicación flash pertencente á web Educaplus.  Amosa un corpo colgado en equilibrio. O usuario sitúa sobre o mesmo o peso, as tensións e as compoñentes x e y das tensións. A continuación pode variar o ángulo entre as cordas das que colga o corpo. A aplicación devolve os valores das tensións e as súas compoñentes.

Adecuado para proxección.

URL do recurso:http://www.educaplus.org/game/cuerpo-colgado-de-dos-puntos

Constructor de átomos

Constructor de átomos

Aplicación flash da web Educarex que permite traballar a constitución dos átomos en partículas subatómicas. Seleccionando un elemento da táboa periódica, devolve o número atómico e o número de masa e a configuración electrónica fundamental. Adecuado como material complementario.

URL do recurso: http://conteni2.educarex.es/mats/14351/contenido/

A química do carbono

A química do carbonoMaterial de apoio ao estudo da formulación e propiedades dos compostos orgánicos feito por Abelardo López Lorente. Inclúe exercicios de autoavaliación e propostas de prácticas de laboratorio. Formato de páxina web. Adecuado como material complementario de estudo.

No enderezo seguinte pódese entrar na aplicación ou descargala como arquivo zip

URL do recurso: http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portalaverroes/contenidosdigitales/contenido/ndoiand-20070924-0005-la-quimica-del-carbono

Movimiento rectilíneo uniforme

mru

Aplicación flash sobre o MRU.  Seleccionando velocidade e posición inicial, vemos un móbil en movemento mentres a aplicación enche unha táboa de datos tempo / posición / velocidade. Taménm hai un selectro de aceleración con trampa.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e para aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/movimiento-rectilineo-uniforme

Puzzle táboa periódica

puztabal

Puzle no que o usuario debe colocar cada elemento no seu casil. Non inclúe lantánidos e actínidos.  Ao acertar, o elemento queda no seu lugar, en caso de erro, volta a súa posición orixinal. Ao rematar, da puntuación segundo os intentos necesarios.

Feito en flash. Corresponde a web Educaplus.

Adecuado como material complementario para xogar a aprender os símbolos, o carácter metálico e a posición na táboa.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/puzzle-tabla-periodica

 

Laboratorio: coeficientes de rozamento

roza

Laboratorio virtual feito en flash no que se poden levar a cabo tres experiencias: determinación do coeficiente estático de rozamento, determinación do coeficiente dinámico de rozamento (en ámbolos dous casos con dúas superficies distintas e tres corpos de diferentes pesos), e comprobación da segunda lei da dinámica nun corpo sobre o que actúa o rozamento.  Pertence a web Educaplus.

Adecuado como laboratorio virtual para preparar prácticas de laboratorio reais.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/play-356-Coeficientes-de-rozamiento.html

O son

sonido

Unidade didáctica do proxecto Newton do INTEF do Ministerio de Educación que desenvolve os contidos propios de Físicade 2º de bacharelato deste tema. Tamén se pode utilizar algunha parte en 4º da ESO.

Inclúe animacións en flash e applets Java que simulan distintos tipos de ondas sonoras, estacionarias, esféricas, distintos timbres, etc.

Adecuado para proxección e como material de apoio.

URL do recurso: http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/el_sonido/index.htm

Difracción a través dunha fenda

Difracción Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que permite visualizar a difracción dun fronte de ondas plano chega a unha pequena fenda.

Adecuada para proxección na aula.

 

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_29.html

 

A lei de Lavoisier

lavoisierUnidade didáctica interactiva sobre a lei de Lavoisier. Feita en Flash por Salvador Hurtado, profesor de Física e Química nun instituto de Huelva.  Inclúe dous experimentos simulados, as conclusións que se derivan, exercicios propostos e unha biografía de Lavoisier. Adecuado para proxección e como material complementario.

URL do recurso: http://www.iesaguilarycano.com/dpto/fyq/lavoisier.html