Tipos de forzas

Tipos de fuerzasAplicación flash da web Educaplus. Ilustra os distintos tipos de forzas.

Comeza polas forzas básicas na naturaleza: gravitatorias, electromagnéticas e nucleares. Prosigue con forzas de contacto como o impulso, normal, rozamento e tensión. Remata coa forza elástica.

Adecuado para proxección durante a explicación.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/tipos-de-fuerzas

Advertisement

Leis dos gases ideais

Aplicación flash da web Educaplus que relata mediante audio e animación visual os pasos para obter a ecuación de estado dos gases a partir das leis experimentais.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou como material complemantario.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ley-de-los-gases-ideales

Leis dos Gases

Dentro da páxina de recursos do INTEF (Instituo Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) do MECD. Desenvolve o estudo dos gases mediante páxinas de explicación, audio, simulacións flash e exercicios interactivos.  Inclúe as biografías de Avogadro, Boyle, Charles e Gay-Lussac.

Adecuado para uso na aula mediante proxección ou como material complementario.

URL do recurso: http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2003/gases/

Gases, ¿que son os gases?

Web quest dentro do Proxecto Agrega, realizada por Marta Vasallo na que propón unha tarefa sobre a teoría cinético molecular e as leis dos gases. Desafortunadamente, moitas das ligazóns que suministra están, actualmente, rotas. Pódense acadar mediante o buscador de Google.

URL do recurso: http://agrega.catedu.es/repositorio/15102009/16/es-ar_20091015_2_9135726/969/index.html

Principio de Arquímedes

Aplicación flash da web Educaplus.

Pódese escoller a densidade do líquido e a do corpo. Devolve a porcentaxe de sólido mergullado.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección en canón ou pizarra dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/principio-de-arquimedes