Ondas (2)

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net.  Seleccionando amplitude, período, frecuencia, e/ou número de ondasrepresenta gráficamente o perfil da onda e as gráficas de velocidade e aceleración dun punto do medio. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/ones/appletsol2.htm

Polarización da luz

Aplicación flash que ilustra como a luz atraviesa con distinta intensidade dous filtors polarizadores variando o ángulo de orientación entre polarizador e analizador

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/polarizacion-de-la-luz

Efecto Doppler

 

Aplicación flash que permite visulaizar os cambios na frecuencia dun son  emitido por un automóvil e recibido por un motorista nos distintos casos de movemento relativo entre ambos. Pódese escoller a velocidade de cada un e o sentido da marcha do motorista.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/efecto-doppler

Ondas lonxitudinais e transversais

Aplicación flash para xerar ondas lonxitudinais e transversais. Pódese variar a amplitude, xerar combinacións de ambos tipos, amosar ou non partículas testigo e refrexar a onda co que se xera unha onda estacionaria.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ondas-longitudinales-y-transversales

As ondas

Actividade didáctica interactiva en Javaclic que desenvolve os contidos curriculares relacionados cos fenómenos ondulatorios, adecuados ao nivel de 4º de ESO. Cómpre instalar a aplicación libre e gratuíta Javaclic. (Páxina de descarga de Javaclic:  http://clic.xtec.cat/es/jclic/download.htm ).

Estructurado en catro capítulos: As ondas en xeral, O son, A luz,  e un capítulo de avaliación. Dentro de cada capítulo inclúense diversas actividades interactivas con elementos multimedia que o alumnado debe resolver. Como é propio de Javaclic, emítense informes de usuario (actividades visitadas, resoltas e falladas), ó remate da sesión.

Adecuado para traballo do alumnado no ordenador, individualmente ou en equipo.

Feita por José A. Garabatos.

URL do recurso: http://centros.edu.xunta.es/iesdeteis/fq/auladebenito/asondas/index.html

Publicado en 5. Ondas, son e luz. Etiquetas: . Leave a Comment »

Ondas

Aplicación feita en flash por Luis Ignacio García González. 1º premio CNICE 2004.

Desenvolve mediante o uso dun laboratorio virtual os conceptos propios deste tema para 4º da ESO. Se podería utilizar tamén como introducción en 2º de Bacharelato. Estudia as propiedades xerais das ondas e a reflexión e refracción. Inclúe cuestionarios de autoavaliación.

Adecuado para proxección e traballo individual ou en pequeno grupo.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/MovOnd/index.htm

Publicado en 5. Ondas, son e luz. Etiquetas: . Leave a Comment »