Constructor de átomos

Constructor de átomos

Aplicación flash da web Educarex que permite traballar a constitución dos átomos en partículas subatómicas. Seleccionando un elemento da táboa periódica, devolve o número atómico e o número de masa e a configuración electrónica fundamental. Adecuado como material complementario.

URL do recurso: http://conteni2.educarex.es/mats/14351/contenido/

Puzzle táboa periódica

puztabal

Puzle no que o usuario debe colocar cada elemento no seu casil. Non inclúe lantánidos e actínidos.  Ao acertar, o elemento queda no seu lugar, en caso de erro, volta a súa posición orixinal. Ao rematar, da puntuación segundo os intentos necesarios.

Feito en flash. Corresponde a web Educaplus.

Adecuado como material complementario para xogar a aprender os símbolos, o carácter metálico e a posición na táboa.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/puzzle-tabla-periodica

 

Forzas entre os átomos

Forzas entre os átomos

Aplicación flash que ilustra as forzas atractivas e repulsivas entre núcleos e electróns de dous átomos.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerzas-entre-los-atomos

Configuración electrónica

Aplicación flash da web Educaplus que da a configuración electrónica, segundo o principio de Aufbau, de tódolos átomos da táboa periódica.

Aweb de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para proxección en canón ou pizarra interactiva ou com material de apio ou complementario.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/configuracion-electronica

Enlace iónico

Aplicación flash da web Educaplus que simula a cesión de electróns entre metais e no metais na formación do enlace iónico. Tres exemplos. Model0 de capas sinxelo.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/enlace-ionico

Elementos químicos

Aplicación feita por Jesús Peña Cano, disponible no portal do ITE (antes CNICE) que proporciona información e actividades sobre os elementos da táboa periódica.  Propiedades periódicas, propiedades eléctricas, térmicas, termodinámicas, configuración electrónica, espectros de absorción e emisión, forma dos orbitais s, p, d e f, etc.

Adecuada para proxección e como material complementario.

URL do recurso: http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2002/quimica/

Viaxe ao interior da materia

Unidade didáctica  interactiva feita por Jordi Vivancos Martí, Pilar Bermejo Mezquita e Alfonso Mendo Pina que desenvolve contidos sobre a estrutura atómica da materia. Contén catro tipos de actividades:
– Materiais expositivos.
– Simulacións.
– Unha investigación para que o conxunto da clase aborde a construción dunha táboa periódica.
– Preguntas de autoevaluación interactivas.
Ofrece tamén varios recursos: unha táboa periódica interactiva, un glosario de termos e ligazóns de interese.

Adecuada para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2000/materia/web/index.htm