A lei de Lavoisier

lavoisierUnidade didáctica interactiva sobre a lei de Lavoisier. Feita en Flash por Salvador Hurtado, profesor de Física e Química nun instituto de Huelva.  Inclúe dous experimentos simulados, as conclusións que se derivan, exercicios propostos e unha biografía de Lavoisier. Adecuado para proxección e como material complementario.

URL do recurso: http://www.iesaguilarycano.com/dpto/fyq/lavoisier.html

Advertisement

Indicador de pH

Aplicación flash da web Educaplus que propón como actividade a clasificación de distintas sustancias segundo o seu pH atendendo ao color que amosan coa presencia de indicadores.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para traballo na aula de ordenadores ou como actividade complementaria.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/indicador-de-ph

Ionización

Aplicación flash da web Educaplus. Seleccionando distintas sustancias, amosa a súa disolución, ionizándose ou non e dando o tipo de ións presentes na disolución.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para traballo complementario ou proxección na aula.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ionizacion

Ácidos e bases. Escala de pH

Aplicación flash da web Educaplus. Desplazando un puntero ao longo dunha escala, devolve a  concentración de protóns e indica se se trata de ácido ou base, forte ou débil, dando exemplos.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para traballo complementario ou proxección na aula.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/escala-de-ph

Calculadora de pH

Aplicación flash da web Educaplus que permite calcular o pH de ácidos ou bases fortes e débiles introducindo a concentración e a constante de disociación.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para traballo complementario ou no laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/calculadora-de-ph

Axuste de reaccións.

Aplicación flash que propón unha serie de ecuacións químicas para seren axustadas. De uso moi sinxelo.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para traballo na aula de ordenadores o como traballo complementario.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ajuste-de-reacciones

As reaccións químicas

Aplicación web feita en flash por Rafael Giménez Prieto e Pastora María Torres Verdugo que inicia no estudo das reaccións químicas. Contén as seccións: Cambios físicos e químicos, A estructura da materia, A reacción química, A estequiometría nas reaccións químicas, Reaccións no teu entorno e Un pouco de historia. Incllúe actividades e exercicios interactivos.

Tercer premio CNICE 2004.

Adecuada como traballo nunha sesión (ou varias) na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/35_las_reacciones_quimicas/curso/index.html