MRU Gráfica e-t

grafica e-t

Aplicación flash da web Educaplus que traza a gráfica posición-tempo dun móbil ao tempo que vemos como se move. Pódese seleccionar a velocidade.

Adecuado para proxección ao tempo da explicación ou para repaso.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/mru-grafica-e-t

 

Advertisements

MRU-Gráfica v-t

Grafica v-t MRUAplicación flash da web Educaplus.

Traza a gráfica v-t dun móbil que leva un MRU, poidendo seleccionar a velocidade do mesmo, ao tempo que vemos como se move.

Adecuado para proxección durante a presentación da unidade.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/mru-grafica-v-t

 

Magnitudes escalares e vectoriais

Magnitudes escalares e vectoriais

Aplicación flash da web Educaplus  para clasificar algunhas magnitudes como escalares ou vectoriais.

Adecuado como traballo complementario ou de reforzo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/magnitudes-escalares-y-vectoriales

 

El sistema de referencia en los movimientos rectilíneos

 

sistemarefe

Aplicación flash da web Educaplus. Ilustra como a elección dun sistema de referencia ou outro permite facer o estudo do movemento máis comodamente. Pódense xirar os eixos de coordenadas para facer esa elección.

Adecuado para proxección nas aulas.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/sistema-de-referencia

 

 

 

Cuerpo colgado de dos puntos en equilibrio

dospuntos

Aplicación flash pertencente á web Educaplus.  Amosa un corpo colgado en equilibrio. O usuario sitúa sobre o mesmo o peso, as tensións e as compoñentes x e y das tensións. A continuación pode variar o ángulo entre as cordas das que colga o corpo. A aplicación devolve os valores das tensións e as súas compoñentes.

Adecuado para proxección.

URL do recurso:http://www.educaplus.org/game/cuerpo-colgado-de-dos-puntos

Constructor de átomos

Constructor de átomos

Aplicación flash da web Educarex que permite traballar a constitución dos átomos en partículas subatómicas. Seleccionando un elemento da táboa periódica, devolve o número atómico e o número de masa e a configuración electrónica fundamental. Adecuado como material complementario.

URL do recurso: http://conteni2.educarex.es/mats/14351/contenido/

A química do carbono

A química do carbonoMaterial de apoio ao estudo da formulación e propiedades dos compostos orgánicos feito por Abelardo López Lorente. Inclúe exercicios de autoavaliación e propostas de prácticas de laboratorio. Formato de páxina web. Adecuado como material complementario de estudo.

No enderezo seguinte pódese entrar na aplicación ou descargala como arquivo zip

URL do recurso: http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portalaverroes/contenidosdigitales/contenido/ndoiand-20070924-0005-la-quimica-del-carbono