Radiación beta

betaSimulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Pódense escoller diversos idiomas, entre eles español e  galego.

Explica a radiación beta como partículas beta saíndo do núcleo, e o concepto de vida media e o seu carácter estadístico-aleatorio. A simulación pode facerse cun número de núcleos  que decaen ou cun so núcleo no que se observa a súa evolución.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://phet.colorado.edu/en/simulation/beta-decay

Advertisements

Puzzle táboa periódica

puztabal

Puzle no que o usuario debe colocar cada elemento no seu casil. Non inclúe lantánidos e actínidos.  Ao acertar, o elemento queda no seu lugar, en caso de erro, volta a súa posición orixinal. Ao rematar, da puntuación segundo os intentos necesarios.

Feito en flash. Corresponde a web Educaplus.

Adecuado como material complementario para xogar a aprender os símbolos, o carácter metálico e a posición na táboa.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/puzzle-tabla-periodica

 

Leis dos gases ideais

Aplicación flash da web Educaplus que relata mediante audio e animación visual os pasos para obter a ecuación de estado dos gases a partir das leis experimentais.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou como material complemantario.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ley-de-los-gases-ideales

Lei de Charles

Aplicación flash da web Educaplus que simula a demostración experimental da lei de Charles. Selecciónase a temperatura e varía o volume a presión constante. Simultáneamente trázase a gráfica V-T.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección en canón ou pizarra dixital  ou laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ley-de-charles

Lei de Boyle

Aplicación flash da web Educaplus que simula a demostración experimental da lei de Boyle. Movendo un émbolo, tómanse datos de presión e volume que a aplicación representa gráficamente.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección en canón ou pizarra dixital  ou laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ley-de-boyle

Leis dos Gases

Dentro da páxina de recursos do INTEF (Instituo Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) do MECD. Desenvolve o estudo dos gases mediante páxinas de explicación, audio, simulacións flash e exercicios interactivos.  Inclúe as biografías de Avogadro, Boyle, Charles e Gay-Lussac.

Adecuado para uso na aula mediante proxección ou como material complementario.

URL do recurso: http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2003/gases/

Gases, ¿que son os gases?

Web quest dentro do Proxecto Agrega, realizada por Marta Vasallo na que propón unha tarefa sobre a teoría cinético molecular e as leis dos gases. Desafortunadamente, moitas das ligazóns que suministra están, actualmente, rotas. Pódense acadar mediante o buscador de Google.

URL do recurso: http://agrega.catedu.es/repositorio/15102009/16/es-ar_20091015_2_9135726/969/index.html