Formulación Inorgánica (3)

Aplicación en Javaclic con actividades autoavaliadas de Formulación Inorgánica, con normas baseadas nas normas estándar IUPAC pero adaptadas polo autor con fins didácticos. Feita por José A. Garabtos.

Como é propio do Javaclic, xéranse automáticamente informes da sesión de cda usuario. Cómpre instalar o Javaclic (http://clic.xtec.cat/es/jclic/download.htm)

URL do recurso: http://centros.edu.xunta.es/iesdeteis/fq/auladebenito/formulacion/index.htm

Advertisements

Táboa periódica (3)

Páxina sobre a táboa periódica da FisQuiWeb (de Luis Ignacio García,  Avilés). Ademáis da súa propia táboa con información básica, inclúe unha biografía visual de Mendeleiev, curiosidades sobre a táboa, como por exemplo unha versión do rock Johnny be good de Chuck Berry, coa letra falando dos elementos; táboas insólitas, diferentes deseños propostos e ligazóns á IUPAC e ao proxecto Centenario de Mendeleiev dos Museos Científicos Coruñeses.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Mendeleiev/Portada.htm

Formulación Inorgánica (2)

Explicacións, recomendacións IUPAC do 2005, exercicios feitos en Excel e apuntes diferenciados por niveis para 3ºe 4º de ESO e 1º de bacharelato nesta páxina de Luis Ignacio García (FisQuiWeb).

Adecuada como material complementario para o alumnado.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Formulacion/index.htm

Iniciación interactiva a la materia

Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.

Está estructurado nas seccións seguintes:

Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).

Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/index.html

Táboa periódica

Esta táboa permite acceder a información de cada elemento: valencia, electronegatividade, radio atómico, iónico e covalente, densidade, punto de fusión e ebulición, etc. Descríbense as súas propiedades químicas e físicas e os seus efectos ambientales e sobre a saúde. Pódense ordear por nome, símbolo, número atómico, ano de descubrimento,… Tamén inclúe unha historia da táboa periódica. Pertence á páxina “Water treatment solutions Lenntech”

Adecuada para o traballo do alumnado en ordenador, individual ou en grupo, ou para proxección.

URL do recurso: http://www.lenntech.es/periodica/tabla-periodica.htm

Táboa Periódica (2)

]Táboa periódica da páxina de Educaplus que, ademais de información accesible interactivamente (propiedades física e químicas dos átomos e elementos, espectroscopía, modelos de orbitales, historia da táboa…),  inclúe test e actividades sobre a mesma.

Adecuada para traballo individual ou en grupo e, tamén, para proxección con canón ou en pizarra dixital.

Web do recurso: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~jpccec/tablap/

Formulación Inorgánica

Web de Formulación Inorgánica segundo as normas IUPAC elaborada por Carlos Alonso, profesor de Física e Química en Vigo. Inclúe as explicacións, exemplos autoavaliables e unha táboa periódica con diversos datos. Disponible en galego, castelán, euskera, catalán e inglés.

É adecuada para traballo na casa por parte do alumnado e como material complementario.

URL do rescurso: http://www.alonsoformula.com/inorganica/