A lei de Lavoisier

lavoisierUnidade didáctica interactiva sobre a lei de Lavoisier. Feita en Flash por Salvador Hurtado, profesor de Física e Química nun instituto de Huelva.  Inclúe dous experimentos simulados, as conclusións que se derivan, exercicios propostos e unha biografía de Lavoisier. Adecuado para proxección e como material complementario.

URL do recurso: http://www.iesaguilarycano.com/dpto/fyq/lavoisier.html

Advertisement

Ionización

Aplicación flash da web Educaplus. Seleccionando distintas sustancias, amosa a súa disolución, ionizándose ou non e dando o tipo de ións presentes na disolución.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para traballo complementario ou proxección na aula.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ionizacion

Variación da entalpía

Aplicación flash que ilustra como en función do nivel enerxético de reactivos e productos, unha reacción pode ser exotérmica ou endotérmica.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/variacion-de-la-entalpia

 

Axuste de reaccións.

Aplicación flash que propón unha serie de ecuacións químicas para seren axustadas. De uso moi sinxelo.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para traballo na aula de ordenadores o como traballo complementario.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ajuste-de-reacciones