Simulación feita en flash da web Educaplus. Presenta o movemento dun satélite en órbita circular en torno a un planeta identificando a forza gravitatoria como a forza centrípeta necesaria para ese xiro.
Aplicación flash da web Educaplus. Ilustra os distintos tipos de forzas.
Comeza polas forzas básicas na naturaleza: gravitatorias, electromagnéticas e nucleares. Prosigue con forzas de contacto como o impulso, normal, rozamento e tensión. Remata coa forza elástica.
Aplicación flash da web Educaplus. Simula unha explosión dun corpo en múltiples fragmentos de distinta masa e velocidade. Meidante unha suma vectorial gráfica ilustra como o momento lineal tras a explosión e a mesma que antes dela.
Aplicación flash da web Educaplus que ilustra as leis da dinámica.
Trátase dunha animación dun cohete espacial, sobre el actua únicamente a forza de propulsión que o usuario decide. Propulsando ou non póñense de manifiesto as tres leis da dinámica. A animación devolve os valores de forza e velocidade e representa os vectores forza, aceleración e velocidade.
Adecuado para proxección durante a explicación e como material complementario.
Simulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Pódense escoller diversos idiomas, entre eles español e galego.
Explica a radiación beta como partículas beta saíndo do núcleo, e o concepto de vida media e o seu carácter estadístico-aleatorio. A simulación pode facerse cun número de núcleos que decaen ou cun so núcleo no que se observa a súa evolución.
Dentro do Curso Interactivo de Física de Ángel Franco temos unha páxina adicada á radiación do corpo negro que inclúe un applet Java (ao final da páxina) que permite obter a intensidade da radiación emitida por un corpo negro a unha temperatura dada en distintos intervalos de lonxtudes de onda.
Recurso correspondente ao Proxecto Newton do ITE, elaborado por José Luis San Emeterio Peña. Desenvolve os contidos correspondentes a este tema de 2º de bacharelato, incluíndo applets e imaxes que ilustran diversas situacións: campos creados por diversas distribucións de carga. Forzas que o campo fan sobre diversas distribucións. Fenómenos de inducción, etc.
Adecuado para proxección, especialmente os applets, e como material de apoio.
Neste applet Java simúlase o movemento (MHS) que tería un electrón nun túnel dentro dunha distribución esférica e uniforme de carga positiva. Pódese variar a carga e o radio da esfera. Forma parte da web de Ángel Franco Curso Interactiva de Física en Internet.
Unidade didáctica do proxecto Newton do INTEF do Ministerio de Educación que desenvolve os contidos propios de Físicade 2º de bacharelato deste tema. Tamén se pode utilizar algunha parte en 4º da ESO.
Inclúe animacións en flash e applets Java que simulan distintos tipos de ondas sonoras, estacionarias, esféricas, distintos timbres, etc.
Adecuado para proxección e como material de apoio.
Applet Java dentro da páxina correspondente á explicación do campo eléctrico da web Curso Interactivo de Física en Internet de Ángel Franco. o Applet permite visualizar as liñas de campo e superficies equipotenciais de dúas cargas. Pódese escoller o signo e o valor de ditas cargas
Applet Java dentro da páxina correspondente á explicación da lei de Coulomb da web Curso Interactivo de Física en Internet de Ángel Franco. o Applet permite visualizar o ángulo de separación de dúas cargas iguais penduradas do mesmo punto por cadanseu fío. Pódese variar a masa dos corpos cargados.
Applet adecuado para proxección e como laboratorio virtual.
Nesta páxina correspondente ao Curso Interactivo de Física de Ángel Franco, explícase e ilústrase a natureza da radicación electromagnética, partindo das leis de Maxwell e indicando as distintas rexións do espectro.
Inclúe un applet Java no que se xeran os espectros de emisión de diversos metais. Serve como final do bloque de electromagnetismo, como introducción a bloque de óptica e tamén ao tema de Física cuántica de Física de 2º de bacharelato. Tamén na química de 2º no setudo dos espectros atómicos.
Adecuado como material de apoio e, o applet, para proxección.
Neste applet Java simúlase o movemento (MHS) que tería unha masa nun túnel que atravesase toda a terra. Pódese variar a posición inicial da masa. Forma parte da web de Ángel Franco Curso Interactivo de Física en Internet.
Explicación do espectrómetro de masas dentro da web Curso interactiva de Física en Internet de Ángel Franco. Inclúe un applet Java na que se poden simular as traxectorias dos isótopos de diversos elementos, variando o campo eléctrico e o campo magnético.
Adecuado para proxección, especialmente o applet, e o resto como material complementario.
Ángel Franco, profesor da Universidade do País Vasco, describe nesta páxina o funcionamento do ciclotrón. Forma parte do seu Curso interactivo de Física en Internet .
Dispón de dous applets Java. No primeiro simula a traxectoria dunha partícula (protón, ión deuterio, ión tritio, partícula alfa, ión carbono e ión osíxeno, a escoller). Pódese variar o campo magnético nas D’s e o campo eléctrico entre elas. No segundo applet, ademáis do anterior, debes sincronizar o cambio de polaridade do campo eléctrico para axustalo á traxectoria dos ións.
Os applets son adecuados para proxección nas aulas e toda e páxina como material complementario.
Applet Java pertencente ao Laboratorio virtual Prisma que ilustra un movemento harmónico simple. Ao tempo que o oscilador vai movéndose se representa na mesma gráfica a elongación, a velocidade e a aceleración fronte ao tempo. Pódese variar a amplitude e a fase inicial.
Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma. Simula a traxectoria dos raios procedentes dunha fonte de luz que atravesa dúas lentes converxentes. Pódese mover a fonte ata atopar os focos das lentes.
Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula o proceso de refracción dun tren de ondas na superficie de separación de dous medios. Pódese escoller o segundo medio, variar o ángulo de incidencia e a lonxitude de onda da radiación incidente.
Adecuado para proxección en canón na aula ou como práctica de laboratorio virtual.
Universe Sandbox é unha simulación interactiva do Universo. Está na liña de Celestia, pero cun grafismo moito mellor, máis realista. Permite introducir “perturbacións” no universo a vontade. Por exemplo aumentar drásticamente a masa da terra, facer que Neptuno pase demasiado cerca de Saturno ou crear planetas novos á velocidade que queiramos, ou poñer un balón de fútbol en órbita en torno á terra. Magníficos tutoriais e controles baseados nos videoxogos, moi intuitivos.
É software propietario, pero pódese descargar unha versión gratuita, coma sempre, con certas prestacións anuladas.
Adecuado para proxección con canón ou para propor exercicios de manipulación do universo.