Simulación feita en flash da web Educaplus. Presenta o movemento dun satélite en órbita circular en torno a un planeta identificando a forza gravitatoria como a forza centrípeta necesaria para ese xiro.
Aplicación flash da web Educaplus. Ilustra os distintos tipos de forzas.
Comeza polas forzas básicas na naturaleza: gravitatorias, electromagnéticas e nucleares. Prosigue con forzas de contacto como o impulso, normal, rozamento e tensión. Remata coa forza elástica.
Aplicación flash da web Educaplus. Simula unha explosión dun corpo en múltiples fragmentos de distinta masa e velocidade. Meidante unha suma vectorial gráfica ilustra como o momento lineal tras a explosión e a mesma que antes dela.
Aplicación flash da web Educaplus que ilustra as leis da dinámica.
Trátase dunha animación dun cohete espacial, sobre el actua únicamente a forza de propulsión que o usuario decide. Propulsando ou non póñense de manifiesto as tres leis da dinámica. A animación devolve os valores de forza e velocidade e representa os vectores forza, aceleración e velocidade.
Adecuado para proxección durante a explicación e como material complementario.
Neste applet Java simúlase o movemento (MHS) que tería unha masa nun túnel que atravesase toda a terra. Pódese variar a posición inicial da masa. Forma parte da web de Ángel Franco Curso Interactivo de Física en Internet.
Universe Sandbox é unha simulación interactiva do Universo. Está na liña de Celestia, pero cun grafismo moito mellor, máis realista. Permite introducir “perturbacións” no universo a vontade. Por exemplo aumentar drásticamente a masa da terra, facer que Neptuno pase demasiado cerca de Saturno ou crear planetas novos á velocidade que queiramos, ou poñer un balón de fútbol en órbita en torno á terra. Magníficos tutoriais e controles baseados nos videoxogos, moi intuitivos.
É software propietario, pero pódese descargar unha versión gratuita, coma sempre, con certas prestacións anuladas.
Adecuado para proxección con canón ou para propor exercicios de manipulación do universo.
Recurso correspondente ao Proxecto Newton do ITE, elaborado por José Luis San Emeterio Peña.
Desenvolve os contidos propios de 2º de Bacharelato respecto ao estudodo campo gravitatorio. Inclúe diversos applets de simulación e cálculo das magnitudes propias de este tema.
Adecuado como material complementario e para proxección, especialmente os applets.
Aplicación flash que permite visualizar a diferencia entre os ritmos de oscilacións de distintos péndulos da mesma lonxitude sometidos a distintas intensidades gravitatorias.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital.
Aplicación flash que ilustra a lei do péndulo. Permite variar a lonxitude do fío, o ángulo e a masa.
Devolve o período.Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e como laboratorio virtual e aula de ordenadores.
Aplicación flash que ilustra a lei da inversa do cuadrado. Variando as masas e a distancia, devolve a atracción gravitatoria entre dous corpos. Representa gráficamente a forza gravitatoria fronte a distancia.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital.
Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Permite visualizar campo gravitatorio, liñas de campo e superficies equipotenciales de un, dous ou catro planetas. Da os valores de campo e potencial nos puntos qu se escollan. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.
Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.
Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Calcula o momento de inercia dun corpo despóis de escoller distintos parámetros. Traza as gráficas ángulo/t e ángulo/t al cuadrado. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.
Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.
É un programa que permite realizar actividades sobre a física gravitacional. Non é libre, pero pode descargarse unha versión de proba con certas limitacións. Inclúe unhas 30 simulacións que permiten calcular as órbitas de tódolos planetas do sistema Solar, simular órbitas xeocéntricas, facer cálculos sobre as leis de Kepler, visualizar as traxectorias de un ou varios planetas desde distintos ángulos, etc.
Na miña opinión, é máis útil didacticamente que o Celestia, pois se poden variar a vontade certos parámetros, como a velocidade orbital, por exemplo, o que permite ver as distintas traxectorias que se xeran. Se se proxecta con un canón, pódense medir, por exemplo, as dimensións das órbitas para comprobarmos que son elipses, ás áreas da segunda da lei de Kepler, períodos e distancias para comprobar a 3ª lei de Kepler, …
As limitacións da versión gratuíta son que, por unha banda, cada simulación dura so vinte segundos, logo tes que volver lanzala, pero normalmente os 20 segundos chegan. A outra limitación é que non podes crear as túas propias simulacións, pero as que trae son moi útiles.