Interferencia producida por dúas fontes sincrónicas

Applet Java pertencente ao Laboratorio virtual Prisma simula a interferencia de dúas ondas planas coherentes. Amosa os frentes de ondas e as hipérbolas constructivas e destructivas. Pódese variar a lonxitude de onda

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e para taraballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_13.htm

Advertisements

Movemento vibratorio harmónico simple

Applet Java pertencente ao Laboratorio virtual Prisma que ilustra un movemento harmónico simple. Ao tempo que o oscilador vai movéndose se representa a gráfica elongación-tempo. Pódese variar a amplitude, frecuencia e fase inicial.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e para taraballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_17.htm

Publicado en 2. Vibracións e ondas. Etiquetas: . Leave a Comment »

Efecto Doppler (2)

Applet Java correspondente ao Laboratorio virtual Prisma que permite visualizar os frentes de onda emitidos por unha fonte que se move. Pódese variar a velocidade da fonte, a velocidade da onda e o período. Mesmo a velocidade da onda pode ser igual ou maior que a da onda, producíndose a ona de choque.

Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_14.htm

Onda electromagnética

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que permite visualizar a evolución dunha onda electromagnética podendo variar a lonxitude de onda e as intensidades dos campos eléctrico e magnético.

Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital.

URL do rescurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_30.htm

Refracción da luz

Aplicación flash que permite visualizar o camiño da luz cando se refracta. Pódese escoller entre dez medios distintos de propagación do raio refractado. Informa dos ángulos de incidencia e refracción e permite visualizar o ángulo límite.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo e para aula de ordenadores e laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/refraccion-de-la-luz

Péndulo. Conservación da enerxía.

Aplicación flash que permite visualizar a variación de enerxía cinética e potencial e a conservación da enerxía mecánica na oscilación dun péndulo.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/conservacion-de-la-energia-en-el-pendulo

Influencia de g no período

Aplicación flash que permite visualizar a diferencia entre os ritmos de oscilacións de distintos péndulos da mesma lonxitude sometidos a distintas intensidades gravitatorias.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/pendulo-influencia-de-g