Aplicación flash da web Educaplus. Ilustra os distintos tipos de forzas.
Comeza polas forzas básicas na naturaleza: gravitatorias, electromagnéticas e nucleares. Prosigue con forzas de contacto como o impulso, normal, rozamento e tensión. Remata coa forza elástica.
Recurso correspondente ao Proxecto Newton do ITE, elaborado por José Luis San Emeterio Peña. Desenvolve os contidos correspondentes a este tema de 2º de bacharelato, incluíndo applets e imaxes que ilustran diversas situacións: campos creados por diversas distribucións de carga. Forzas que o campo fan sobre diversas distribucións. Fenómenos de inducción, etc.
Adecuado para proxección, especialmente os applets, e como material de apoio.
Neste applet Java simúlase o movemento (MHS) que tería un electrón nun túnel dentro dunha distribución esférica e uniforme de carga positiva. Pódese variar a carga e o radio da esfera. Forma parte da web de Ángel Franco Curso Interactiva de Física en Internet.
Applet Java dentro da páxina correspondente á explicación do campo eléctrico da web Curso Interactivo de Física en Internet de Ángel Franco. o Applet permite visualizar as liñas de campo e superficies equipotenciais de dúas cargas. Pódese escoller o signo e o valor de ditas cargas
Applet Java dentro da páxina correspondente á explicación da lei de Coulomb da web Curso Interactivo de Física en Internet de Ángel Franco. o Applet permite visualizar o ángulo de separación de dúas cargas iguais penduradas do mesmo punto por cadanseu fío. Pódese variar a masa dos corpos cargados.
Applet adecuado para proxección e como laboratorio virtual.
Explicación do espectrómetro de masas dentro da web Curso interactiva de Física en Internet de Ángel Franco. Inclúe un applet Java na que se poden simular as traxectorias dos isótopos de diversos elementos, variando o campo eléctrico e o campo magnético.
Adecuado para proxección, especialmente o applet, e o resto como material complementario.
Ángel Franco, profesor da Universidade do País Vasco, describe nesta páxina o funcionamento do ciclotrón. Forma parte do seu Curso interactivo de Física en Internet .
Dispón de dous applets Java. No primeiro simula a traxectoria dunha partícula (protón, ión deuterio, ión tritio, partícula alfa, ión carbono e ión osíxeno, a escoller). Pódese variar o campo magnético nas D’s e o campo eléctrico entre elas. No segundo applet, ademáis do anterior, debes sincronizar o cambio de polaridade do campo eléctrico para axustalo á traxectoria dos ións.
Os applets son adecuados para proxección nas aulas e toda e páxina como material complementario.
Aplicación flash que permite visualizar a forza de Coulomb conque unha carga atrae o repele a outra e o campo eléctrico creado pola primeira no punto donde se atopa a segunda.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.
Aplicación flash que permite simular a forza de Coulomb entre dúas cargas eléctricas de igual ou distinto signo, modificando a posición relativa das mesmas. Devolve distancia e forza.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital, aula de ordenadores. e laboratorio virtual.
Aplicación flash que permite visualizar as liñas de campo dunha carga de foram tridimensional. Permite rotar a carga, poñéndose de manifesto o carácter tridimensional do campo.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.
Aplicación flash que permite visualizar a intensidade e as liñas do campo eléctrico creado por dúas cargas. Pódese variar o signo das cargas e visulaizar ou non as liñas de campo.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.
Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Calcula campo eléctrico, liñas de campo e superficies equipotenciales en diversas configuracións de carga eléctrica. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.
Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.
Animación flash que permite representar o campo eléctrico creado por ata catro cargas. O usuario pode escoller o valor e o signos das cargas, o número de cargas (de 1 a 4), a posición das cargas e do punto onde se quere ter o valor do campo eléctrico. Feita por José A. Garabatos.
Adecuado, tanto para uso en aula, proxectado ou non, como para uso como actividade complementaria ou de reforzo.