O espectro electromagnético

espectro

Nesta páxina correspondente ao Curso Interactivo de Física de Ángel Franco, explícase e ilústrase a natureza da radicación electromagnética, partindo das leis de Maxwell e indicando as distintas rexións do espectro.

Inclúe un applet Java no que se xeran os espectros de emisión de diversos metais. Serve como final do bloque de electromagnetismo, como introducción a bloque de óptica e tamén ao tema de Física cuántica de Física de 2º de bacharelato. Tamén na química de 2º no setudo dos espectros atómicos.

Adecuado como material de apoio e, o applet, para proxección.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/cuantica/experiencias/espectro/espectro.html

Difracción a través dunha fenda

Difracción Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que permite visualizar a difracción dun fronte de ondas plano chega a unha pequena fenda.

Adecuada para proxección na aula.

 

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_29.html

 

Focos dunha lente delgada converxente

Lentes converxentesApplet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma. Simula a traxectoria dos raios procedentes dunha fonte de luz que atravesa dúas lentes converxentes. Pódese mover a fonte ata atopar os focos das lentes.

Adecuado para proxección na aula.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_5.html

 

Refracción dun tren de ondas luminosas

refracción

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula o proceso de refracción dun tren de ondas na superficie de separación de dous medios. Pódese escoller o segundo medio, variar o ángulo de incidencia e a lonxitude de onda da radiación incidente.

Adecuado para proxección en canón na aula ou como práctica de laboratorio virtual.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_4.htm

Óptica Xeométrica. As lentes

Applet Java feito por Jordi Lagares Roset, que simula a formación de imaxes a través de lentes converxentes e diverxentes.  Os Applets pódense descargar para a súa execución en local. Pódese variar a posición do obxecto e a do foco.

Está disponible en galego e en castelán (aparte do catalán orixinal)

Adecuado para proxección en canón.

Páxina de descarga do recurso: http://www.xtec.cat/~jlagares/fisica.htm

Principio de Huygens

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula formación de frentes de ondas reflexados e refractados mediante a aplicación do principio de Huygens. pödense variar os indices de refracción e o ángulo de incidencia.

 Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/huygens_applet.html

Comprobación experimental da Lei de Snell

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula a determinación do índice de refracción dun líquido (pódense secoller tres distintos) medindo os ángulos de incidencia e refracción. O Applet representa gráficamente os senos dos ángulos e permite a determinación gráfica do índice.

 Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores ou laboratorio virtual..

URL do recurso:http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_1.html