Movemento do electrón no átomo de Kelvin-Thomson

moveleat

Neste applet Java simúlase o movemento (MHS) que tería un electrón nun túnel dentro dunha distribución esférica e uniforme de carga positiva. Pódese variar a carga e o radio da esfera. Forma parte da web de Ángel Franco Curso Interactiva de Física en Internet.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/elecmagnet/campo_electrico/atomo/atomo_1.html

Advertisements

O son

sonido

Unidade didáctica do proxecto Newton do INTEF do Ministerio de Educación que desenvolve os contidos propios de Físicade 2º de bacharelato deste tema. Tamén se pode utilizar algunha parte en 4º da ESO.

Inclúe animacións en flash e applets Java que simulan distintos tipos de ondas sonoras, estacionarias, esféricas, distintos timbres, etc.

Adecuado para proxección e como material de apoio.

URL do recurso: http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/el_sonido/index.htm

Campo eléctrico creado por dúas cargas (2)

 

campoelectricoAF

Applet Java dentro da páxina correspondente á explicación do campo eléctrico da web Curso Interactivo de Física en Internet de Ángel Franco. o Applet permite visualizar as liñas de campo e superficies equipotenciais de dúas cargas. Pódese escoller o signo e o valor de ditas cargas

 

Applet adecuado para proxección.

 

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/elecmagnet/campo_electrico/electrico/cElectrico.html

 

 

Electroscopio

electroscopioApplet Java dentro da páxina correspondente á explicación da lei de Coulomb da web Curso Interactivo de Física en Internet de Ángel Franco. o Applet permite visualizar o ángulo de separación de dúas cargas iguais penduradas do mesmo punto por cadanseu fío. Pódese variar a masa dos corpos cargados.

Applet adecuado para proxección e como laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/elecmagnet/campo_electrico/fuerza/fuerza_1.html

O espectro electromagnético

espectro

Nesta páxina correspondente ao Curso Interactivo de Física de Ángel Franco, explícase e ilústrase a natureza da radicación electromagnética, partindo das leis de Maxwell e indicando as distintas rexións do espectro.

Inclúe un applet Java no que se xeran os espectros de emisión de diversos metais. Serve como final do bloque de electromagnetismo, como introducción a bloque de óptica e tamén ao tema de Física cuántica de Física de 2º de bacharelato. Tamén na química de 2º no setudo dos espectros atómicos.

Adecuado como material de apoio e, o applet, para proxección.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/cuantica/experiencias/espectro/espectro.html

Viaxe polo interior da Terra

vpit

Neste applet Java simúlase o movemento (MHS) que tería unha masa nun túnel que atravesase toda a terra. Pódese variar a posición inicial da masa. Forma parte da web de Ángel Franco Curso Interactivo de Física en Internet.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/celeste/tunel/tunel.html#Túnel por el interior de la Tierra

Espectrometro de masas

espectrometro

Explicación do espectrómetro de masas dentro da web Curso interactiva de Física en Internet  de Ángel Franco. Inclúe un applet Java na que se poden simular as traxectorias dos isótopos de diversos elementos, variando o campo eléctrico e o campo magnético.

Adecuado para proxección, especialmente o applet, e o resto como material complementario.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/elecmagnet/movimiento/espectrometro/espectro.html