Formulación Inorgánica (2)

Explicacións, recomendacións IUPAC do 2005, exercicios feitos en Excel e apuntes diferenciados por niveis para 3ºe 4º de ESO e 1º de bacharelato nesta páxina de Luis Ignacio García (FisQuiWeb).

Adecuada como material complementario para o alumnado.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Formulacion/index.htm

Advertisements

Iniciación interactiva a la materia

Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.

Está estructurado nas seccións seguintes:

Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).

Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/index.html

Formulación Inorgánica

Web de Formulación Inorgánica segundo as normas IUPAC elaborada por Carlos Alonso, profesor de Física e Química en Vigo. Inclúe as explicacións, exemplos autoavaliables e unha táboa periódica con diversos datos. Disponible en galego, castelán, euskera, catalán e inglés.

É adecuada para traballo na casa por parte do alumnado e como material complementario.

URL do rescurso: http://www.alonsoformula.com/inorganica/