Forzas no xiro dos planetas

Forza centrípetaSimulación feita en flash da web Educaplus. Presenta o movemento dun satélite en órbita circular en torno a un planeta identificando a forza gravitatoria como a forza centrípeta necesaria para ese xiro.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerzas-en-el-giro-de-satelites

Advertisement

MRU Gráfica e-t

grafica e-t

Aplicación flash da web Educaplus que traza a gráfica posición-tempo dun móbil ao tempo que vemos como se move. Pódese seleccionar a velocidade.

Adecuado para proxección ao tempo da explicación ou para repaso.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/mru-grafica-e-t

 

Viaxe pola alquimia

WebQuest, dentro do Proxecto Agrega, que se plantexa como un traballo para o alumnado dos distintos itinerarios de bacharelato como  actividade transversal.  O obxectivo principal é: por unha parte que o alumnado tome conciencia da importancia do saber alquímico  ao longo da historia, por outra que tome conciencia das interrelacións entre as distintas ramas no que se divide o coñecemento actual, tanto no presente como no pasado.

URL do recurso: http://agrega.catedu.es/visualizar/es/es-ar_20091105_2_9122427/false

Publicado en Uncategorized. Etiquetas: . Leave a Comment »