Aplicación flash da web Educarex que permite traballar a constitución dos átomos en partículas subatómicas. Seleccionando un elemento da táboa periódica, devolve o número atómico e o número de masa e a configuración electrónica fundamental. Adecuado como material complementario.
Laboratorio virtual en flash que permite clasificar a materia en elementos e compostos e en mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Simula a visión dun microscopio de distintas sustancias. Ilustra tamén os métodos de separación das mesturas. Dispón de exercicios de autoavaliación. Pertence a web de Educarex
Adecuado para proxección e como material complementario.
Simulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Pódense escoller diversos idiomas, entre eles español e galego.
Explica a radiación beta como partículas beta saíndo do núcleo, e o concepto de vida media e o seu carácter estadístico-aleatorio. A simulación pode facerse cun número de núcleos que decaen ou cun so núcleo no que se observa a súa evolución.
Puzle no que o usuario debe colocar cada elemento no seu casil. Non inclúe lantánidos e actínidos. Ao acertar, o elemento queda no seu lugar, en caso de erro, volta a súa posición orixinal. Ao rematar, da puntuación segundo os intentos necesarios.
Feito en flash. Corresponde a web Educaplus.
Adecuado como material complementario para xogar a aprender os símbolos, o carácter metálico e a posición na táboa.
Aplicación Java que amosa a polaridade do enlace molecular en distintas situacións: dous átomos ou tres átomos; pódese escoller a electronegatividade de cada átomo. Tamén podemos visualizar unha ampla selección de moléculas reais en 3D. Disponible en galego.
Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado.
Simulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Pódense escoller diversos idiomas, entre eles español e catalán, pero non o galego.
Explica a radiación alfa como partículas alfa saíndo do núcleo por efecto túnel, e o concepto de vida media e o seu carácter estadístico-aleatorio. A simulación pode facerse cun número de núcleos que decaen ou cun so núcleo no que se observa a súa evolución.
Material dixital interactivo elaborado polos extremeños Claudia García Martinez e Antonio Morillo Nieto que inclúen os contidos de Física e Química de 3ºESO xunto con actividades interactivas sobre os mesmos e cuestionarios de avaliación. A sección Laboratorio amosa mediante animacións procesos seguidos en relación cos contidos tratados en cada tema.
Aplicación feita por Jesús Peña Cano, disponible no portal do ITE (antes CNICE) que proporciona información e actividades sobre os elementos da táboa periódica. Propiedades periódicas, propiedades eléctricas, térmicas, termodinámicas, configuración electrónica, espectros de absorción e emisión, forma dos orbitais s, p, d e f, etc.
Adecuada para proxección e como material complementario.
Unidade didáctica interactiva feita por Jordi Vivancos Martí, Pilar Bermejo Mezquita e Alfonso Mendo Pina que desenvolve contidos sobre a estrutura atómica da materia. Contén catro tipos de actividades:
– Materiais expositivos.
– Simulacións.
– Unha investigación para que o conxunto da clase aborde a construción dunha táboa periódica.
– Preguntas de autoevaluación interactivas.
Ofrece tamén varios recursos: unha táboa periódica interactiva, un glosario de termos e ligazóns de interese.
Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.
Está estructurado nas seccións seguintes:
Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).
Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.