Cambios de estado da auga

Aplicación flash da web Educaplus.

Permite visualizar aos cambios de estado da auga desde -5ºC segundo sube a temperatura.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección en canón ou pizarra dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/cambios-de-estado-del-agua

Advertisement

Calor e temperatura (2)

Recurso correspondente ao proxecto Newton do ITE, elaborado por Carlos Herrán Martínez

Trátase dunha web donde desenvolve os contidos correspondentes á enerxía térmica, temperatura e calor, cambios de estado e equilibrio térmico. Inclúe unha avaliación.

Adecuado como material complementario de estudo.

URL do recurso: http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/calor/calor-indice.htm

Iniciación interactiva a la materia

Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.

Está estructurado nas seccións seguintes:

Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).

Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/index.html