Campo magnético

magnetico

Recurso  correspondente ao Proxecto Newton do ITE, elaborado por José Luis San Emeterio Peña. Desenvolve os contidos correspondentes a este tema de 2º de bacharelato, incluíndo applets e imaxes que ilustran diversas situacións: campos creados por diversas distribucións de carga. Forzas que o campo fan sobre diversas distribucións. Fenómenos de inducción, etc.

Adecuado para proxección, especialmente os applets, e como material de apoio.

URL do recurso: http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/campmag/index.html

Advertisement

Espectrometro de masas

espectrometro

Explicación do espectrómetro de masas dentro da web Curso interactiva de Física en Internet  de Ángel Franco. Inclúe un applet Java na que se poden simular as traxectorias dos isótopos de diversos elementos, variando o campo eléctrico e o campo magnético.

Adecuado para proxección, especialmente o applet, e o resto como material complementario.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/elecmagnet/movimiento/espectrometro/espectro.html

Ciclotrón

ciclotron

Ángel Franco, profesor da Universidade do País Vasco, describe nesta páxina o funcionamento do ciclotrón. Forma parte do seu Curso interactivo de Física en Internet .

Dispón de dous applets Java. No primeiro simula a traxectoria dunha partícula (protón, ión deuterio, ión tritio, partícula alfa, ión carbono e ión osíxeno, a escoller). Pódese variar o campo magnético nas D’s e o campo eléctrico entre elas. No segundo applet, ademáis do anterior, debes sincronizar o cambio de polaridade do campo eléctrico para axustalo á traxectoria dos ións.

Os applets son adecuados para proxección nas aulas e toda e páxina como material complementario.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/elecmagnet/movimiento/ciclotron/ciclo.html