Ley de Ohm

Ley de OhmAplicación flash da web Educarex. Simula un circuito eléctrico no que se pode incluir unha resistencia de diversos materiais, escollendo a lonxitude e a sección da mesma. Ilustra o cumprimento da lei de Ohm. Adecuado como material de apoio e para proxección na aula.

 

URL do recurso: http://conteni2.educarex.es/mats/14356/contenido/

 

Advertisement

Circuito eléctrico

Circuito eléctrico

 

Aplicación flash pertencente a web Educarex da Junta de Extremadura.  Ilustra os compoñentes e as leis dos circuitos básicos. Dispón dun pequeno laboratorio virtual que permite crear circuitos sinxelos. Adecuado para proxección e como material complementario.

 

URL do recurso: http://conteni2.educarex.es/mats/14355/contenido/

 

Lei de Ohm e potencia eléctrica

Aplicación flash que simula o paso de corrente contínua a través dunha resistencia, permitindo escoller a diferencia de potencial e a resistencia. A aplicación calcula a intensidade e a potencia.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección acompañando a explicación. Non tanto como laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ley-de-ohm-y-potencia-electrica

Iniciación á electricidade-electrónica

Aplicación flash feita por Juan Manuel Fernández y José Luis García Chan. Desenvolvida para ciclos de FP, ten unha parte de eletricidade que se axusta aos contidos de 3º de ESO:  Estructura atómica. Magnitudes da electricidade. Imanes, corrente eléctrica e Inducción. Contén actividades interactivas.

Adecuada para proxeción e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2006/material081/index.html

Circuitos eléctricos

Laboratorio virtual feito en flash por Luis Ignacio García (FisQuiWeb) no que se poden simular circuitos para comprobarmos a Lei de Ohm e a Lei de Ohm xeneralizada. Pódense engadir resistencias, fíos, xeneradores, voltímetros, amperímetros… e variar as súas características a vontade.

Adecuado para preparar sesións de prácticas e, mediante proxección na aula, para apoiar a explicación destas leis.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Laboratorio/Circuitos/Portada.htm