El efecto fotoeléctrico (2)

Aplicación flash, dentro da web de Educaplus.

Permite escoller o cátodo entre nove posibilidades, seleccionar a enerxía dos fotóns incidentes, a intensidade da luz e o potencial de freado.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para facer exercicios na aula, como laboratorio virtual en aula de ordenadores ou en proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/efecto-fotoelectrico

Advertisement

El efecto fotoeléctrico

Dentro do curso de Física de Angel Franco está esta páxina que contén un applet que permite facer experimentacións sobre o efecto fotoeléctrico: variar o cátodo entre 6 opcións, variar a lonxitude de onda do fotón incidente, axustar o potencial de frenado e enviar automáticamente os datos a outro applet que representa gráficamente o potencial frente á frecuencia e permite calcular a frecuencia umbral e a razón h/e.

De gran simplicidade visual e cómodo e intuitivo manexo. É adecuado como laboratorio virtual e para sesión na aula mediante proxección. Para atopar os applets, debedes baixar na páxina.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/cuantica/fotoelectrico/fotoelectrico.htm

Efecto fotoeléctrico

Forma parte do curso de Física Interactiva de José Villasuso Gato. Contén un applet Java no que se pode simular o efecto fotoeléctrico variando o material do cátodo (cesio, potasio ou sódio), a lonxitude de onda do fotón incidinte (5 opcións) e procurar o potencial de frenado.

Adecuado como laboratorio virtual e para proxección.

URL do recurso: http://teleformacion.edu.aytolacoruna.es/FISICA/document/fisicaInteractiva/Ef_Fotoelectrico/EfectoFotoelectrico_indice.htm