Enerxía potencial gravitatoria

Aplicación flash que ilustra como a enerxía potencial gravitatoria é igual ao traballo realizado en contra da gravedade.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/energia-potencial-gravitatoria

Advertisement

Péndulo. Conservación da enerxía.

Aplicación flash que permite visualizar a variación de enerxía cinética e potencial e a conservación da enerxía mecánica na oscilación dun péndulo.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/conservacion-de-la-energia-en-el-pendulo

Enerxías renovables

Web quest elaborada por Silvia Martín e dispoñibe na web do Proxecto Agrega, na que se pide a elaboración dun traballo escrito sobre as enerxías eólica, solar, mareomotriz e hidráulica

URL do recurso: http://agrega.catedu.es/visualizar/es/es-ar_20091021_2_9110715/false

Conservación da enerxía do MHS

Animación flash que permite visualizar a variación de enerxía cinética e potencial, e a conservación da enerxía mecánica, na oscilación armónica dun resorte. Forma parte da páxina de Educaplus. Podes entrar un múmero limitado de veces nas animacións desta páxina. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Interesante para proxección con canón ou en pizarra dixital. Permite ilustrar o MHS, sinalando as posicións características, a variación da velocidade e aceleración.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/la-energia-en-el-movimiento-armonico-simple