Polaridade da molécula

Aplicación Java que amosa a polaridade do enlace molecular  en distintas situacións:  dous átomos ou tres átomos; pódese  escoller a electronegatividade de cada átomo. Tamén podemos visualizar unha ampla selección de moléculas reais en 3D. Disponible en galego.

Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado.

Adecuada para proxección durante a explicación.

URL do recurso: http://phet.colorado.edu/en/simulation/molecule-polarity

Advertisement

Forzas entre os átomos

Forzas entre os átomos

Aplicación flash que ilustra as forzas atractivas e repulsivas entre núcleos e electróns de dous átomos.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerzas-entre-los-atomos

Natureza do enlace químico

Aplicación flash da web Educaplus que ilustra o carácter covalente apolar, polar ou iónico do enlace químico, seleccionando a electronegatividade de cada átomo ou escollendo da táboa periódica os átomos implicados.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para proxección en canón ou pizarra interactiva.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/naturaleza-del-enlace-quimico

Enlace iónico

Aplicación flash da web Educaplus que simula a cesión de electróns entre metais e no metais na formación do enlace iónico. Tres exemplos. Model0 de capas sinxelo.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/enlace-ionico

Viaxe ao interior da materia

Unidade didáctica  interactiva feita por Jordi Vivancos Martí, Pilar Bermejo Mezquita e Alfonso Mendo Pina que desenvolve contidos sobre a estrutura atómica da materia. Contén catro tipos de actividades:
– Materiais expositivos.
– Simulacións.
– Unha investigación para que o conxunto da clase aborde a construción dunha táboa periódica.
– Preguntas de autoevaluación interactivas.
Ofrece tamén varios recursos: unha táboa periódica interactiva, un glosario de termos e ligazóns de interese.

Adecuada para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2000/materia/web/index.htm

Iniciación interactiva a la materia

Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.

Está estructurado nas seccións seguintes:

Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).

Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/index.html