Radiación do corpo negro

cuerponegroDentro do Curso Interactivo de Física de Ángel Franco temos unha páxina adicada á radiación do corpo negro que inclúe un applet Java (ao final da páxina) que permite obter a intensidade da radiación emitida por un corpo negro a unha temperatura dada en distintos intervalos de lonxtudes de onda.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/cuantica/experiencias/radiacion/radiacion.html

O espectro electromagnético

espectro

Nesta páxina correspondente ao Curso Interactivo de Física de Ángel Franco, explícase e ilústrase a natureza da radicación electromagnética, partindo das leis de Maxwell e indicando as distintas rexións do espectro.

Inclúe un applet Java no que se xeran os espectros de emisión de diversos metais. Serve como final do bloque de electromagnetismo, como introducción a bloque de óptica e tamén ao tema de Física cuántica de Física de 2º de bacharelato. Tamén na química de 2º no setudo dos espectros atómicos.

Adecuado como material de apoio e, o applet, para proxección.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/cuantica/experiencias/espectro/espectro.html

El efecto fotoeléctrico (2)

Aplicación flash, dentro da web de Educaplus.

Permite escoller o cátodo entre nove posibilidades, seleccionar a enerxía dos fotóns incidentes, a intensidade da luz e o potencial de freado.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para facer exercicios na aula, como laboratorio virtual en aula de ordenadores ou en proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/efecto-fotoelectrico

El efecto fotoeléctrico

Dentro do curso de Física de Angel Franco está esta páxina que contén un applet que permite facer experimentacións sobre o efecto fotoeléctrico: variar o cátodo entre 6 opcións, variar a lonxitude de onda do fotón incidente, axustar o potencial de frenado e enviar automáticamente os datos a outro applet que representa gráficamente o potencial frente á frecuencia e permite calcular a frecuencia umbral e a razón h/e.

De gran simplicidade visual e cómodo e intuitivo manexo. É adecuado como laboratorio virtual e para sesión na aula mediante proxección. Para atopar os applets, debedes baixar na páxina.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/cuantica/fotoelectrico/fotoelectrico.htm

Efecto fotoeléctrico

Forma parte do curso de Física Interactiva de José Villasuso Gato. Contén un applet Java no que se pode simular o efecto fotoeléctrico variando o material do cátodo (cesio, potasio ou sódio), a lonxitude de onda do fotón incidinte (5 opcións) e procurar o potencial de frenado.

Adecuado como laboratorio virtual e para proxección.

URL do recurso: http://teleformacion.edu.aytolacoruna.es/FISICA/document/fisicaInteractiva/Ef_Fotoelectrico/EfectoFotoelectrico_indice.htm