Simulación feita en flash da web Educaplus. Presenta o movemento dun satélite en órbita circular en torno a un planeta identificando a forza gravitatoria como a forza centrípeta necesaria para ese xiro.
Aplicación flash da web Educaplus. Ilustra os distintos tipos de forzas.
Comeza polas forzas básicas na naturaleza: gravitatorias, electromagnéticas e nucleares. Prosigue con forzas de contacto como o impulso, normal, rozamento e tensión. Remata coa forza elástica.
Aplicación flash da web Educaplus que ilustra as leis da dinámica.
Trátase dunha animación dun cohete espacial, sobre el actua únicamente a forza de propulsión que o usuario decide. Propulsando ou non póñense de manifiesto as tres leis da dinámica. A animación devolve os valores de forza e velocidade e representa os vectores forza, aceleración e velocidade.
Adecuado para proxección durante a explicación e como material complementario.
Aplicación flash da web Educaplus. ilustra a condición de equilibrio de dous pesos a distintas distancias do centro de oscilación nun balancín. Permite variar as masas e as distancias ata atopar a situación de equilibrio. Devolve o momento de cada peso con respecto ao centro do balancín.
Adecuado para proxección, como laboratorio virtual e como actividade de reforzo ou ampliación.
Aplicación flash pertencente á web Educaplus. Amosa un corpo colgado en equilibrio. O usuario sitúa sobre o mesmo o peso, as tensións e as compoñentes x e y das tensións. A continuación pode variar o ángulo entre as cordas das que colga o corpo. A aplicación devolve os valores das tensións e as súas compoñentes.
Laboratorio virtual feito en flash no que se poden levar a cabo tres experiencias: determinación do coeficiente estático de rozamento, determinación do coeficiente dinámico de rozamento (en ámbolos dous casos con dúas superficies distintas e tres corpos de diferentes pesos), e comprobación da segunda lei da dinámica nun corpo sobre o que actúa o rozamento. Pertence a web Educaplus.
Adecuado como laboratorio virtual para preparar prácticas de laboratorio reais.
Neste applet Java simúlase o movemento (MHS) que tería unha masa nun túnel que atravesase toda a terra. Pódese variar a posición inicial da masa. Forma parte da web de Ángel Franco Curso Interactivo de Física en Internet.
Amosa as forzas aplicadas e os movementos producidos. Hai tres casos: un “xogo da corda” no que se tira dun corpo en distintos sentidos con distinta forza; se empurra un corpo sen rozamento cunha forza instantánea e o corpo adquire certa velocidade e, por último, se empurra un corpo con rozamento e forza permanente. En todos os casos se pode escoller a forza e visualizar valores de forzas, masas e velocidades.
Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Disponible en varios idiomas.
Laboratorio de Física con realidade remota é un proxecto desenvolvido polo Instituto de Biocomputación y Física da Universidade de Zaragoza.
O sistema é unha mistura de realidade virtual máis realidade aumentada. O control dos experimentos por parte do alumnado faise a través da web, donde se visualiza un sistema físico real de péndulo, resorte e polea, para cada un deles se poden levar a cabo de forma guiada experimentos con diferentes niveis de dificultade.
Aplicación flash que simula un corpo nun plano inclinado. Pódese variar o ángulo de inclinación e devolve os valores das forzas implicadas e a aceleración.
Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.
Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e como laboratorio virtual.
Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Estudo dinámico de dous obxectos en distintos planos. Pódese escoller a inclinación da cada plano, as masas e os coeficientes de rozamento. O applet devolve os valores das forzas e a aceleración. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.
Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.
Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Movemento dun corpo nun plano inclinado. Axústanse as condicións iniciais, ángulo de inclinación, coeficiente de rozamento, etc. Devolve os valores de cada forza presente. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.
Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.
Web feita en flash por Luis Ignacio García. 3º Premio CNICE 2007. Inclúe as seguintes seccións: Fuerzas y acciones, Leyes de Newton, Fuerzas de rozamiento e Sistemas no inerciales. Ademáis dispón dun laboratorio virtual para facer experiencias, tests de autoavaliación e un banco de ligazóns.
En cada sección ilustra os correspondentes conceptos e ideas con animacións moi visuais.
Pode ser útil tanto en 4º da ESO como en 1º de Bacharelato. Adecuada para proxección na aula e para traballo na casa.