Forzas e movemento

Simulación en Java.

Amosa as forzas aplicadas e os movementos producidos. Hai tres casos: un “xogo da corda” no que se tira dun corpo en distintos sentidos con distinta forza; se empurra un corpo sen rozamento cunha forza instantánea e o corpo adquire certa velocidade e, por último, se empurra un corpo con rozamento e forza permanente. En todos os casos se pode escoller a forza e visualizar valores de forzas,  masas e velocidades.

Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Disponible en varios idiomas.

Adecuado para proxección e traballo de aula.

URL do recurso:  http://phet.colorado.edu/en/simulation/forces-and-motion-basics

Advertisements

Laboratorio de física con realidade remota

Laboratorio de Física con realidade remota é un proxecto desenvolvido polo Instituto de Biocomputación y Física da Universidade de Zaragoza.

O sistema é  unha mistura de realidade virtual máis realidade aumentada. O control dos experimentos por parte do alumnado faise a través da web, donde se visualiza un sistema físico real de péndulo, resorte e polea, para cada un deles se poden levar a cabo de forma guiada experimentos con diferentes niveis de dificultade.

URL do recurso: http://rrlab.bifi.es/home

Dinámica dun móbil con motor nun plano inclinado

Aplicación flash que permite observar as distintas forzas implicadas nun móbil nun plano inclinado variando o ángulo de inclinación e a forz do motor.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/plano-inclinado-con-rozamiento

Dinámica dun corpo nun plano inclinado

Aplicación flash que simula un corpo nun plano inclinado. Pódese variar o ángulo de inclinación e devolve os valores das forzas implicadas e a aceleración.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e como laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/dinamica-de-un-bloque-con-velocidad-inicial-en-un-plano-inclinado

Descomposición do peso nun plano inclinado

Aplicación flash que permite observar as compoñentes tanxencial e normal do peso dun corpo nun plano inclinado variando o ángulo deinclinación.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/descomposicion-del-peso-en-un-plano-inclinado

Dous obxectos

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Estudo dinámico de dous obxectos en distintos planos. Pódese escoller a inclinación da cada plano, as masas e os coeficientes de rozamento. O applet devolve os valores das forzas e a aceleración. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/2obj/appletsol2.htm

Plano inclinado

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Movemento dun corpo nun plano inclinado. Axústanse as condicións iniciais, ángulo de inclinación, coeficiente de rozamento, etc. Devolve os valores de cada forza presente. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/plaincl/appletsol2.htm