Forzas no xiro dos planetas

Forza centrípetaSimulación feita en flash da web Educaplus. Presenta o movemento dun satélite en órbita circular en torno a un planeta identificando a forza gravitatoria como a forza centrípeta necesaria para ese xiro.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerzas-en-el-giro-de-satelites

Advertisement

Universe Sandbox

Universe Sandbox é unha simulación interactiva do Universo. Está na liña de Celestia, pero cun grafismo moito mellor, máis realista. Permite introducir “perturbacións” no universo a vontade. Por exemplo aumentar drásticamente a masa da terra, facer que Neptuno pase demasiado cerca de Saturno ou crear planetas novos  á velocidade que queiramos, ou poñer un balón de fútbol en órbita en torno á terra. Magníficos tutoriais e controles baseados nos videoxogos, moi intuitivos.

É software propietario, pero pódese descargar unha versión gratuita, coma sempre, con certas prestacións anuladas.

Adecuado para proxección con canón ou para propor exercicios de manipulación do universo.

URL de descarga:  http://universesandbox.com/about/

Campo gravitatorio

Recurso correspondente ao Proxecto Newton do ITE, elaborado por José Luis San Emeterio Peña.

Desenvolve os contidos propios de 2º de Bacharelato respecto ao estudodo campo gravitatorio. Inclúe diversos applets de simulación e cálculo das magnitudes propias de este tema.

Adecuado como material complementario e para proxección, especialmente os applets.

URL do recurso: http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/campo_gravitatorio/grav_objetivos.htm

Interacción Gravitatoria

Aplicación flash que ilustra a lei da inversa do cuadrado. Variando as masas e a distancia, devolve a atracción gravitatoria entre dous corpos.  Representa gráficamente a forza gravitatoria fronte a distancia.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/interaccion-gravitatoria

Gravitación

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Permite visualizar campo gravitatorio, liñas de campo e superficies equipotenciales de un, dous ou catro planetas.  Da os valores de campo e potencial nos puntos qu se escollan. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/gravita/appletsol2.htm

Orbit Xplorer

É un programa que permite realizar actividades sobre a física gravitacional. Non é libre, pero pode descargarse unha versión de proba con certas limitacións. Inclúe unhas 30 simulacións que permiten calcular as órbitas de tódolos planetas do sistema Solar, simular órbitas xeocéntricas, facer cálculos sobre as leis de Kepler, visualizar as traxectorias de un ou varios planetas desde distintos ángulos, etc.

Na miña opinión, é máis útil didacticamente que o Celestia, pois se poden variar a vontade certos parámetros, como a velocidade orbital, por exemplo, o que permite ver as distintas traxectorias que se xeran. Se se proxecta con un canón, pódense medir, por exemplo, as dimensións das órbitas para comprobarmos que son elipses, ás áreas da segunda da lei de Kepler, períodos e distancias para comprobar a 3ª lei de Kepler, …

As limitacións da versión gratuíta son que, por unha banda, cada simulación dura so vinte segundos, logo tes que volver lanzala, pero normalmente os 20 segundos chegan. A outra limitación é que non podes crear as túas propias simulacións, pero as que trae son moi útiles.

Páxina de descarga da versión de avaliación:

http://www.ottisoft.com/orbit_x.htm