Electroscopio

electroscopioApplet Java dentro da páxina correspondente á explicación da lei de Coulomb da web Curso Interactivo de Física en Internet de Ángel Franco. o Applet permite visualizar o ángulo de separación de dúas cargas iguais penduradas do mesmo punto por cadanseu fío. Pódese variar a masa dos corpos cargados.

Applet adecuado para proxección e como laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/elecmagnet/campo_electrico/fuerza/fuerza_1.html

Advertisement

Lei de Coulomb

Aplicación flash que permite visulaizar a forza de Coulomb entre dúas cargas eléctricas de igual ou distinto signo, modificando a distancia horizontal entre elas e o valor relativo das cargas entre catro opcións.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ley-de-coulomb

Forza e Campo eléctrico

Aplicación flash que permite visualizar a forza de Coulomb conque unha carga atrae o repele a outra e o campo eléctrico creado pola primeira no punto donde se atopa a segunda.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerza-y-campo-electrico

Forza de Coulomb.

Aplicación flash que permite simular a forza de Coulomb entre dúas cargas eléctricas de igual ou distinto signo, modificando a posición relativa das mesmas. Devolve distancia e forza.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital, aula de ordenadores. e laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerza-de-coulomb