Laboratorio de física con realidade remota

Laboratorio de Física con realidade remota é un proxecto desenvolvido polo Instituto de Biocomputación y Física da Universidade de Zaragoza.

O sistema é  unha mistura de realidade virtual máis realidade aumentada. O control dos experimentos por parte do alumnado faise a través da web, donde se visualiza un sistema físico real de péndulo, resorte e polea, para cada un deles se poden levar a cabo de forma guiada experimentos con diferentes niveis de dificultade.

URL do recurso: http://rrlab.bifi.es/home

Advertisement

Lei de Hooke

Aplicación flash da web Educaplus.

Permite realizar a medida da constante elástica dun resorte polo método elástico (lei de Hooke) de forma virtual.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para uso na aula de ordenadores ou para proxección en canón ou pizarra dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ley-de-hooke