Forzas no xiro dos planetas

Forza centrípetaSimulación feita en flash da web Educaplus. Presenta o movemento dun satélite en órbita circular en torno a un planeta identificando a forza gravitatoria como a forza centrípeta necesaria para ese xiro.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/fuerzas-en-el-giro-de-satelites

Advertisement

MCU Velocidade angular

Aplicación flash que permite visualizar un movemento circular uniforme. Pódese facer que vaia mais rápido ou mais lento. Devolve a velocidade angular en graos por segundo, radiáns por segundo e rpm.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e para aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/velocidad-angular

Movemento circular

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Simúlase o movemento circular uniforme e con aceleración tanxencial constante. Pódese axustar a fase inicial, velocidade angualr e aceleración angular. Traza as gráficas x/t, v/t e a/t.  É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/movcirc/appletsol2.htm

Corpos en movemento

Páxina realizada por José Luis Abreu León e Marta Oliveró Serrat, disponible no portal do ITE. Permite a configuración de applets polo profesorado para realizar simulacións mecánicas. Ten varios exemplos feitos:  El plano inclinado. Movimiento circular uniforme. Movimiento circular no uniforme. El oscilador armónico. El oscilador armónico forzado y amortiguado. Rebotes sobre un muelle, etc.

Adecuado para proxección e traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem/cuerpos/indice.html

Fuerzas y movimiento. Estudio del movimiento

Material pertencente ao proxecto Agrega do Ministerio de Educación.

En formato “curso virtual”, mediante animacións flash, applets e cuestionarios, desenvolve contidos da cinemática dos MRU, MRUA e MCU a nivel de 4º da ESO. Tamén inclúe algunhas traxectorias máis complexas.

Adeciado en 4º de ESO en aula de ordenadores ou como actividade complementaria. Podería aplicarse en 1º de Bacharelato a modo de actividade de reforzo.

URL do recurso: Para visualizar on-line: http://agrega.isftic.mepsyd.es/visualizar/es/es_2009121612_9112146/false

Para descarga do curso en formato SCORM: http://agrega.isftic.mepsyd.es/buscador/DetallarODECU/DetallarODECU.do?idioma=es&identificadorODE=es_2009121612_9112146&tipoLayoutBuscador=NEUTRO&nodoOrigen=contenidos.proyectoagrega.es&posicionamientoAnterior=ANTERIOR&posicionamientoSiguiente=SIGUIENTE&busquedaSimpleAvanzada=BUSCAR

NOTA: Actualmente, este material, erróneamente, ten o nome “Electromagnetismo. Inducción electromagnética”, na web do proxecto Agrega, pero se trata de “Fuerzas y movimiento. Estudio del Movimiento”.

Movemento harmónico e MCU

Animación flash que ilustra como un MHS pode considerarse como a proxección dun MCU. Pódese seleccionar a velocidade angular. Forma parte da páxina de Educaplus. Podes entrar un múmero limitado de veces nas animacións desta páxina. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para canón e encerado dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/movimiento-armonico-simple

Publicado en 2. Vibracións e ondas. Etiquetas: , . Leave a Comment »