Corpos en movemento

Páxina realizada por José Luis Abreu León e Marta Oliveró Serrat, disponible no portal do ITE. Permite a configuración de applets polo profesorado para realizar simulacións mecánicas. Ten varios exemplos feitos:  El plano inclinado. Movimiento circular uniforme. Movimiento circular no uniforme. El oscilador armónico. El oscilador armónico forzado y amortiguado. Rebotes sobre un muelle, etc.

Adecuado para proxección e traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem/cuerpos/indice.html

Conservación da enerxía do MHS

Animación flash que permite visualizar a variación de enerxía cinética e potencial, e a conservación da enerxía mecánica, na oscilación armónica dun resorte. Forma parte da páxina de Educaplus. Podes entrar un múmero limitado de veces nas animacións desta páxina. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Interesante para proxección con canón ou en pizarra dixital. Permite ilustrar o MHS, sinalando as posicións características, a variación da velocidade e aceleración.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/la-energia-en-el-movimiento-armonico-simple

Movemento harmónico e MCU

Animación flash que ilustra como un MHS pode considerarse como a proxección dun MCU. Pódese seleccionar a velocidade angular. Forma parte da páxina de Educaplus. Podes entrar un múmero limitado de veces nas animacións desta páxina. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para canón e encerado dixital.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/movimiento-armonico-simple

Publicado en 2. Vibracións e ondas. Etiquetas: , . Leave a Comment »

Movemento Harmónico Simple

 Web elaborada por José Villasuso Gato do IES Monelos (A Coruña). Teoría, actividades e applets Java sobre o Movemento Harmónico Simple. Premio Siega 2003

Adecuada como material complementario. Os applets son adecuados para proxección con canón.

URL do recurso: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2003/b/mhs/index.htm

Publicado en 2. Vibracións e ondas. Etiquetas: . Leave a Comment »