Radiación beta

betaSimulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Pódense escoller diversos idiomas, entre eles español e  galego.

Explica a radiación beta como partículas beta saíndo do núcleo, e o concepto de vida media e o seu carácter estadístico-aleatorio. A simulación pode facerse cun número de núcleos  que decaen ou cun so núcleo no que se observa a súa evolución.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://phet.colorado.edu/en/simulation/beta-decay

Advertisement

Radiación alfa

Simulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Pódense escoller diversos idiomas, entre eles español e catalán, pero non o galego.

Explica a radiación alfa como partículas alfa saíndo do núcleo por efecto túnel, e o concepto de vida media e o seu carácter estadístico-aleatorio. A simulación pode facerse cun número de núcleos  que decaen ou cun so núcleo no que se observa a súa evolución.

Adecuado para proxección.

URL do recurso: http://phet.colorado.edu/en/simulation/alpha-decay