O son

sonido

Unidade didáctica do proxecto Newton do INTEF do Ministerio de Educación que desenvolve os contidos propios de Físicade 2º de bacharelato deste tema. Tamén se pode utilizar algunha parte en 4º da ESO.

Inclúe animacións en flash e applets Java que simulan distintos tipos de ondas sonoras, estacionarias, esféricas, distintos timbres, etc.

Adecuado para proxección e como material de apoio.

URL do recurso: http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/el_sonido/index.htm

Advertisement

Difracción a través dunha fenda

Difracción Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que permite visualizar a difracción dun fronte de ondas plano chega a unha pequena fenda.

Adecuada para proxección na aula.

 

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_29.html

 

Refracción dun tren de ondas luminosas

refracción

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula o proceso de refracción dun tren de ondas na superficie de separación de dous medios. Pódese escoller o segundo medio, variar o ángulo de incidencia e a lonxitude de onda da radiación incidente.

Adecuado para proxección en canón na aula ou como práctica de laboratorio virtual.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_4.htm

Vibración dunha corda de extremos fixos

Nesta animación flash, xéranse ondas estacionarias nunha corda fixa por ámbolos dous extremos. Pódense escoller o número de antinodos (de 1 a 4). Devolve a relación entre a lonxitude da corda e a lonxitude de onda.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado como acompañamento á explicación co canón proxector.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/vibracion-de-una-cuerda-de-extremos-fijos

Principio de Huygens

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula formación de frentes de ondas reflexados e refractados mediante a aplicación do principio de Huygens. pödense variar os indices de refracción e o ángulo de incidencia.

 Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/huygens_applet.html

Comprobación experimental da Lei de Snell

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula a determinación do índice de refracción dun líquido (pódense secoller tres distintos) medindo os ángulos de incidencia e refracción. O Applet representa gráficamente os senos dos ángulos e permite a determinación gráfica do índice.

 Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores ou laboratorio virtual..

URL do recurso:http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_1.html

Reflexión e refracción

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que ilustra a reflexión e refracción podendo escoller entre sete medios distintos. Pódese variar o ángulo de incidencia. O Applet devolve os ángulos de reflexión e refracción.

  Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_16.htm

Interferencia producida por dúas fontes sincrónicas

Applet Java pertencente ao Laboratorio virtual Prisma simula a interferencia de dúas ondas planas coherentes. Amosa os frentes de ondas e as hipérbolas constructivas e destructivas. Pódese variar a lonxitude de onda

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e para taraballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_13.htm

Efecto Doppler (2)

Applet Java correspondente ao Laboratorio virtual Prisma que permite visualizar os frentes de onda emitidos por unha fonte que se move. Pódese variar a velocidade da fonte, a velocidade da onda e o período. Mesmo a velocidade da onda pode ser igual ou maior que a da onda, producíndose a ona de choque.

Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_14.htm

Onda electromagnética

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que permite visualizar a evolución dunha onda electromagnética podendo variar a lonxitude de onda e as intensidades dos campos eléctrico e magnético.

Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital.

URL do rescurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_30.htm

Refracción da luz

Aplicación flash que permite visualizar o camiño da luz cando se refracta. Pódese escoller entre dez medios distintos de propagación do raio refractado. Informa dos ángulos de incidencia e refracción e permite visualizar o ángulo límite.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo e para aula de ordenadores e laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/refraccion-de-la-luz

Interferencias (2)

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net.  Simula as interferencias de onds coherentes circulares. Pódese seleccionar a distancia entre focos e a lonxitude de onda. Traza ás hipérbolas e informa da amplitude nun punto determinado. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/interf/appletsol2.htm

Ondas (2)

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net.  Seleccionando amplitude, período, frecuencia, e/ou número de ondasrepresenta gráficamente o perfil da onda e as gráficas de velocidade e aceleración dun punto do medio. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/ones/appletsol2.htm

Efecto Doppler

 

Aplicación flash que permite visulaizar os cambios na frecuencia dun son  emitido por un automóvil e recibido por un motorista nos distintos casos de movemento relativo entre ambos. Pódese escoller a velocidade de cada un e o sentido da marcha do motorista.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/efecto-doppler

Ondas lonxitudinais e transversais

Aplicación flash para xerar ondas lonxitudinais e transversais. Pódese variar a amplitude, xerar combinacións de ambos tipos, amosar ou non partículas testigo e refrexar a onda co que se xera unha onda estacionaria.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/ondas-longitudinales-y-transversales

As ondas

Actividade didáctica interactiva en Javaclic que desenvolve os contidos curriculares relacionados cos fenómenos ondulatorios, adecuados ao nivel de 4º de ESO. Cómpre instalar a aplicación libre e gratuíta Javaclic. (Páxina de descarga de Javaclic:  http://clic.xtec.cat/es/jclic/download.htm ).

Estructurado en catro capítulos: As ondas en xeral, O son, A luz,  e un capítulo de avaliación. Dentro de cada capítulo inclúense diversas actividades interactivas con elementos multimedia que o alumnado debe resolver. Como é propio de Javaclic, emítense informes de usuario (actividades visitadas, resoltas e falladas), ó remate da sesión.

Adecuado para traballo do alumnado no ordenador, individualmente ou en equipo.

Feita por José A. Garabatos.

URL do recurso: http://centros.edu.xunta.es/iesdeteis/fq/auladebenito/asondas/index.html

Publicado en 5. Ondas, son e luz. Etiquetas: . Leave a Comment »

Ondas 2.2

Programa libre e gratuíto elaborado por Pedro Rodríguez Porca, de A Coruña, que permite crear ondas nunha e en dúas direccións, compoñer ondas do mesmo e diferente sentido e crear ondas estacionarias. Tamén permite visualizar fenómenos de difracción, pero neste caso, a imaxe é estática. É de uso moi sinxelo. Compre descargalo e instalalo.

Adecuado pafra canón proxector e pizarra dixital.

Páxina de descarga:

http://www.xente.mundo-r.com/explora/

Interferencias

Animación flash que permite visualizar as interferencias de ondas planas xerados por dos focos puntuais. Pódese deter a animación para ter unha vista estática dos frentes de ondas, variar a distancia entre os focos, debuxar ou borrar as hipérbolas construtivas e destrutivas e ter o valor da amplitude de onda en un punto calquera do plano de interferencias.

Adecuada para proxección con canón ou pizarra interactiva e para traballo na aula de ordenadores.

Feita por José A. Garabatos

http://centros.edu.xunta.es/iesdeteis/fq/auladebenito/materiais/bach2/bach2F.html#vibracions

Ondas

Aplicación feita en flash por Luis Ignacio García González. 1º premio CNICE 2004.

Desenvolve mediante o uso dun laboratorio virtual os conceptos propios deste tema para 4º da ESO. Se podería utilizar tamén como introducción en 2º de Bacharelato. Estudia as propiedades xerais das ondas e a reflexión e refracción. Inclúe cuestionarios de autoavaliación.

Adecuado para proxección e traballo individual ou en pequeno grupo.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/MovOnd/index.htm

Publicado en 5. Ondas, son e luz. Etiquetas: . Leave a Comment »

Ondas estacionarias

Explicación, acompañada de video e animacións flash, da xeración de ondas estacionarias nunha corda. Xéranse diferentes armónicos.

Forma parte de FisQuiWeb de Luis Ignacio García González.

Adecuado como material complementario e para proxección na aula.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Videos/OndasEstacionarias/index.htm