Interferencia producida por dúas fontes sincrónicas

Applet Java pertencente ao Laboratorio virtual Prisma simula a interferencia de dúas ondas planas coherentes. Amosa os frentes de ondas e as hipérbolas constructivas e destructivas. Pódese variar a lonxitude de onda

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e para taraballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_13.htm

Efecto Doppler (2)

Applet Java correspondente ao Laboratorio virtual Prisma que permite visualizar os frentes de onda emitidos por unha fonte que se move. Pódese variar a velocidade da fonte, a velocidade da onda e o período. Mesmo a velocidade da onda pode ser igual ou maior que a da onda, producíndose a ona de choque.

Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_14.htm

Onda electromagnética

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que permite visualizar a evolución dunha onda electromagnética podendo variar a lonxitude de onda e as intensidades dos campos eléctrico e magnético.

Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital.

URL do rescurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_30.htm

Refracción da luz

Aplicación flash que permite visualizar o camiño da luz cando se refracta. Pódese escoller entre dez medios distintos de propagación do raio refractado. Informa dos ángulos de incidencia e refracción e permite visualizar o ángulo límite.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo e para aula de ordenadores e laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/refraccion-de-la-luz

Interferencias (2)

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net.  Simula as interferencias de onds coherentes circulares. Pódese seleccionar a distancia entre focos e a lonxitude de onda. Traza ás hipérbolas e informa da amplitude nun punto determinado. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/interf/appletsol2.htm

Ondas (2)

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net.  Seleccionando amplitude, período, frecuencia, e/ou número de ondasrepresenta gráficamente o perfil da onda e as gráficas de velocidade e aceleración dun punto do medio. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/ones/appletsol2.htm

Efecto Doppler

 

Aplicación flash que permite visulaizar os cambios na frecuencia dun son  emitido por un automóvil e recibido por un motorista nos distintos casos de movemento relativo entre ambos. Pódese escoller a velocidade de cada un e o sentido da marcha do motorista.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/efecto-doppler