Reflexión e refracción

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que ilustra a reflexión e refracción podendo escoller entre sete medios distintos. Pódese variar o ángulo de incidencia. O Applet devolve os ángulos de reflexión e refracción.

  Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_16.htm

Lentes delgadas

Applet Java pertencente ao Laboratorio virtual Prisma que simula a formación de imaxes a través dunha lente delgada converxente ou diverxente. Pódese variar a distancia focal.

Adecuado para proxección, traballo en aula de ordenadores ou como laboratorio virtual.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_20.htm

Espellos esféricos

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula a foramción de imaxes nun espello esférico. Pódese variar a distancia focal (positiva ou negativa).

Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_26.html

Refracción. Dous cambios de medio

Aplicación flash que permite visualizar o camiño da luz cando se refracta sucesivamente en dúas superfices paralelas. Pódese variar o índice de refracción de cada medio e o ángulo de incidencia. Devolve os ángulos de refracción.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo e para aula de ordenadores e laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/refraccion-con-dos-cambios-de-medio

Refracción da luz

Aplicación flash que permite visualizar o camiño da luz cando se refracta. Pódese escoller entre dez medios distintos de propagación do raio refractado. Informa dos ángulos de incidencia e refracción e permite visualizar o ángulo límite.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo e para aula de ordenadores e laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/refraccion-de-la-luz

Banco óptico

Recurso correspondente ao Proxecto Newton do ITE, elaborado por José Luis San Emeterio Peña. Estudia as propiedades das lentes e espellos, incluíndo applets en Java para a súa simulación. Tamén ilustra o funcionamento do microscopio e o telescopio. Dispón de exercicios e autoavaliación.

Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital, especialmente os applets das lentes e espellos, e para traballo en aula de ordenadores.

URL do recurso: http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/bancooptico/objetivos.html

Polarización da luz

Aplicación flash que ilustra como a luz atraviesa con distinta intensidade dous filtors polarizadores variando o ángulo de orientación entre polarizador e analizador

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/polarizacion-de-la-luz