Refracción dun tren de ondas luminosas

refracción

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula o proceso de refracción dun tren de ondas na superficie de separación de dous medios. Pódese escoller o segundo medio, variar o ángulo de incidencia e a lonxitude de onda da radiación incidente.

Adecuado para proxección en canón na aula ou como práctica de laboratorio virtual.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_4.htm

Advertisement

Principio de Huygens

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula formación de frentes de ondas reflexados e refractados mediante a aplicación do principio de Huygens. pödense variar os indices de refracción e o ángulo de incidencia.

 Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/huygens_applet.html

Comprobación experimental da Lei de Snell

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que simula a determinación do índice de refracción dun líquido (pódense secoller tres distintos) medindo os ángulos de incidencia e refracción. O Applet representa gráficamente os senos dos ángulos e permite a determinación gráfica do índice.

 Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores ou laboratorio virtual..

URL do recurso:http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_1.html

Reflexión e refracción

Applet Java pertencente ao laboratorio virtual Prisma que ilustra a reflexión e refracción podendo escoller entre sete medios distintos. Pódese variar o ángulo de incidencia. O Applet devolve os ángulos de reflexión e refracción.

  Adecuado para proxección en canón ou encerado dixital ou traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://enebro.pntic.mec.es/~fmag0006/op_applet_16.htm

Refracción. Dous cambios de medio

Aplicación flash que permite visualizar o camiño da luz cando se refracta sucesivamente en dúas superfices paralelas. Pódese variar o índice de refracción de cada medio e o ángulo de incidencia. Devolve os ángulos de refracción.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo e para aula de ordenadores e laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/refraccion-con-dos-cambios-de-medio

Refracción da luz

Aplicación flash que permite visualizar o camiño da luz cando se refracta. Pódese escoller entre dez medios distintos de propagación do raio refractado. Informa dos ángulos de incidencia e refracción e permite visualizar o ángulo límite.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesións. Para evitar esta limitación, compres rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón ou en encerado interactivo e para aula de ordenadores e laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/refraccion-de-la-luz