Laboratorio: coeficientes de rozamento

roza

Laboratorio virtual feito en flash no que se poden levar a cabo tres experiencias: determinación do coeficiente estático de rozamento, determinación do coeficiente dinámico de rozamento (en ámbolos dous casos con dúas superficies distintas e tres corpos de diferentes pesos), e comprobación da segunda lei da dinámica nun corpo sobre o que actúa o rozamento.  Pertence a web Educaplus.

Adecuado como laboratorio virtual para preparar prácticas de laboratorio reais.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/play-356-Coeficientes-de-rozamiento.html

Advertisement

Forzas e movemento

Simulación en Java.

Amosa as forzas aplicadas e os movementos producidos. Hai tres casos: un “xogo da corda” no que se tira dun corpo en distintos sentidos con distinta forza; se empurra un corpo sen rozamento cunha forza instantánea e o corpo adquire certa velocidade e, por último, se empurra un corpo con rozamento e forza permanente. En todos os casos se pode escoller a forza e visualizar valores de forzas,  masas e velocidades.

Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado. Disponible en varios idiomas.

Adecuado para proxección e traballo de aula.

URL do recurso:  http://phet.colorado.edu/en/simulation/forces-and-motion-basics

Rozamento. Coeficientes estático e dinámico.

Aplicación flash que permite visualizar os coeficientes estático e dinámico de rozamento. O ir aumentando a forza aplicaada a un corpo sobre unha superficie horizontal vai aumentando a foraza de rozamento ata acadara o seu valor máximo e logo descende ao comezar a moverse. Devolve forza resultante e tempo. Representa gráficamente a forza de rozamento.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e como laboratorio virtual e aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/rozamiento

Plano inclinado

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Movemento dun corpo nun plano inclinado. Axústanse as condicións iniciais, ángulo de inclinación, coeficiente de rozamento, etc. Devolve os valores de cada forza presente. É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/plaincl/appletsol2.htm

Dinámica. Leis de Newton

Web feita en flash por Luis Ignacio García. 3º Premio CNICE 2007.  Inclúe as seguintes seccións: Fuerzas y acciones, Leyes de Newton, Fuerzas de rozamiento e Sistemas no inerciales. Ademáis dispón dun laboratorio virtual para facer experiencias, tests de autoavaliación e un banco de ligazóns.

En cada sección ilustra os correspondentes conceptos e ideas con animacións moi visuais.

Pode ser útil tanto en 4º da ESO como en 1º de Bacharelato.  Adecuada para proxección na aula e para traballo na casa.

URL do material: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Dinamica/index.htm