Puzzle táboa periódica

puztabal

Puzle no que o usuario debe colocar cada elemento no seu casil. Non inclúe lantánidos e actínidos.  Ao acertar, o elemento queda no seu lugar, en caso de erro, volta a súa posición orixinal. Ao rematar, da puntuación segundo os intentos necesarios.

Feito en flash. Corresponde a web Educaplus.

Adecuado como material complementario para xogar a aprender os símbolos, o carácter metálico e a posición na táboa.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/puzzle-tabla-periodica

 

Física e Química Interactiva para 3ºESO

Material dixital interactivo elaborado polos extremeños Claudia García Martinez e Antonio Morillo Nieto que inclúen os contidos de Física e Química de 3ºESO xunto con actividades interactivas sobre os mesmos e cuestionarios de avaliación. A sección Laboratorio amosa mediante animacións procesos seguidos en relación cos contidos tratados en cada tema.

URL do recurso: http://contenidos.educarex.es/mci/2006/22/unidad/indice.htm

Elementos químicos

Aplicación feita por Jesús Peña Cano, disponible no portal do ITE (antes CNICE) que proporciona información e actividades sobre os elementos da táboa periódica.  Propiedades periódicas, propiedades eléctricas, térmicas, termodinámicas, configuración electrónica, espectros de absorción e emisión, forma dos orbitais s, p, d e f, etc.

Adecuada para proxección e como material complementario.

URL do recurso: http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2002/quimica/

Táboa periódica (3)

Páxina sobre a táboa periódica da FisQuiWeb (de Luis Ignacio García,  Avilés). Ademáis da súa propia táboa con información básica, inclúe unha biografía visual de Mendeleiev, curiosidades sobre a táboa, como por exemplo unha versión do rock Johnny be good de Chuck Berry, coa letra falando dos elementos; táboas insólitas, diferentes deseños propostos e ligazóns á IUPAC e ao proxecto Centenario de Mendeleiev dos Museos Científicos Coruñeses.

URL do recurso: http://web.educastur.princast.es/proyectos/fisquiweb/Mendeleiev/Portada.htm

Táboa periódica

Esta táboa permite acceder a información de cada elemento: valencia, electronegatividade, radio atómico, iónico e covalente, densidade, punto de fusión e ebulición, etc. Descríbense as súas propiedades químicas e físicas e os seus efectos ambientales e sobre a saúde. Pódense ordear por nome, símbolo, número atómico, ano de descubrimento,… Tamén inclúe unha historia da táboa periódica. Pertence á páxina “Water treatment solutions Lenntech”

Adecuada para o traballo do alumnado en ordenador, individual ou en grupo, ou para proxección.

URL do recurso: http://www.lenntech.es/periodica/tabla-periodica.htm

Táboa Periódica (2)

]Táboa periódica da páxina de Educaplus que, ademais de información accesible interactivamente (propiedades física e químicas dos átomos e elementos, espectroscopía, modelos de orbitales, historia da táboa…),  inclúe test e actividades sobre a mesma.

Adecuada para traballo individual ou en grupo e, tamén, para proxección con canón ou en pizarra dixital.

Web do recurso: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~jpccec/tablap/