Tiro parabólico (2)

Aplicación flash que simula a traxectoria dun móbil con movemento parabólico. Pódese a velocidade  inicial eo ángulo de lanzamento. Devolve as componentes da velocidade, a posición, o tempo e a altura máxima.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e para aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/tiro-parabolico

Advertisement

Tiro horizontal

Aplicación flash que simula a traxectoria dun móbil sometido á gravedade e con veolcidade inicial horizontal. Pódese variar dita velocidade  e a altura. Devolve as componentes da velocidade, a posición e o tempo.

Pertence á páxina Educaplus, de acceso libre pero cun número limitado de visitas por cada sesión. Para evitar esta limitación, compre rexistrarse.

Adecuado para proxección en canón e encerado dixital e para aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/tiro-horizontal

Tiro parabólico

Applet Java elaborado por Tavi Casellas e disponible na súa web Fislab.net. Neste applet trázase a traxectoria dun corpo en movemento parabólico, seleccionando a altura e a velocidade iniciais, e o ángulo de lanzamento.  É necesario ter instalado o pluggin Java 1.3.

Adecuado para proxección e para traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.xtec.cat/~ocasella/applets/movparab/appletsol2.htm

Corpos en movemento

Páxina realizada por José Luis Abreu León e Marta Oliveró Serrat, disponible no portal do ITE. Permite a configuración de applets polo profesorado para realizar simulacións mecánicas. Ten varios exemplos feitos:  El plano inclinado. Movimiento circular uniforme. Movimiento circular no uniforme. El oscilador armónico. El oscilador armónico forzado y amortiguado. Rebotes sobre un muelle, etc.

Adecuado para proxección e traballo na aula de ordenadores.

URL do recurso: http://www.ite.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem/cuerpos/indice.html