Clasificador dicotómico da materia

Clasificador dicotómico

 

Laboratorio virtual en flash que permite clasificar a materia en elementos e compostos e en mesturas homoxéneas e heteroxéneas.  Simula a visión dun microscopio de distintas sustancias. Ilustra tamén os métodos de separación das mesturas. Dispón de exercicios de autoavaliación.  Pertence a web de Educarex

Adecuado para proxección e como material complementario.

URL do recurso: http://conteni2.educarex.es/mats/14350/contenido/

 

Física e Química Interactiva para 3ºESO

Material dixital interactivo elaborado polos extremeños Claudia García Martinez e Antonio Morillo Nieto que inclúen os contidos de Física e Química de 3ºESO xunto con actividades interactivas sobre os mesmos e cuestionarios de avaliación. A sección Laboratorio amosa mediante animacións procesos seguidos en relación cos contidos tratados en cada tema.

URL do recurso: http://contenidos.educarex.es/mci/2006/22/unidad/indice.htm

Iniciación interactiva a la materia

Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.

Está estructurado nas seccións seguintes:

Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).

Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/index.html