Ácidos y Bases

acidosbase

Unidade didáctica do proxecto Newton do INTEF do Ministerio de Educación que desenvolve os contidos propios de Química de 2º de bacharelato deste tema.

Inclúe explicacións, applets Java e exercicios de autoavaliación en Hot Potatoes.

Adecuado como material complementario de axuda ao estudio. Tamén para proxección de certas partes, sobre todo os applets.

URL do recurso :  http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/acidosbases/index.html



Escala de pH

Simulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado.

Comproba o pH de distintos líquidos. Da a concentración ou a razón de ións. Permite diluir con auga ou concentrar as disolucións.

Disponible en varios idiomas, entre eles inglés e español.

URL do recurso: http://phet.colorado.edu/en/simulation/ph-scale

Solucións Ácido Base

Simulación feita en Java. Forma parte da web PhET (Physics Education Technology) da Universidade de Colorado.

Ilustra o valor do pH (“medido” con ph-metro, con papel indicador ou mediante a conductividade) de distintas disolucións ácidas e básicas. Amosa tamén a disociación do ácido ou da base.

Disponible en varios idiomas, entre eles inglés e español.

Adecuado para proxección na aula e como  apoio dos cálculos de ph. Temén, aínda que algo pobre como laboratorio virtual.

URL do recurso: http://phet.colorado.edu/en/simulation/acid-base-solutions

Ácidos e bases. Escala de pH

Aplicación flash da web Educaplus. Desplazando un puntero ao longo dunha escala, devolve a  concentración de protóns e indica se se trata de ácido ou base, forte ou débil, dando exemplos.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para traballo complementario ou proxección na aula.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/escala-de-ph

Calculadora de pH

Aplicación flash da web Educaplus que permite calcular o pH de ácidos ou bases fortes e débiles introducindo a concentración e a constante de disociación.

A web de Educaplus é libre pero limita o número de entradas nos seus recursos. Para evitar esta limitación, cómpre rexistrarse. O rexistro é gratuito.

Material adecuado para traballo complementario ou no laboratorio virtual.

URL do recurso: http://www.educaplus.org/game/calculadora-de-ph