Gases, ¿que son os gases?

Web quest dentro do Proxecto Agrega, realizada por Marta Vasallo na que propón unha tarefa sobre a teoría cinético molecular e as leis dos gases. Desafortunadamente, moitas das ligazóns que suministra están, actualmente, rotas. Pódense acadar mediante o buscador de Google.

URL do recurso: http://agrega.catedu.es/repositorio/15102009/16/es-ar_20091015_2_9135726/969/index.html

Iniciación interactiva a la materia

Material multimedia feito por Mariano Gaite Cuesta, publicado na web do ITE (antes CNICE) e adicado ao estudo e comportamento da materia. Contén simulacións flash, xogos e exercicios interactivos.

Está estructurado nas seccións seguintes:

Introducción: a historia da corona de ouro de Hierón e arquímedes. Propiedades (masa, volume, densidade e temperatura) da materia. Clasificación da materia (puras e mesturas, simples e compostas). Estados da materia e cambios de estado. Átomos (modelos, estructura e configuración electrónica). Táboa periódica e propiedades periódicas. Moléculas e ións. Enlace (iónico, covalente e metálico).

Adecuado como material complementario, para aula de ordenadores e para proxección das animacións flash con canón.

URL do recurso: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/index.html