Orbit Xplorer

É un programa que permite realizar actividades sobre a física gravitacional. Non é libre, pero pode descargarse unha versión de proba con certas limitacións. Inclúe unhas 30 simulacións que permiten calcular as órbitas de tódolos planetas do sistema Solar, simular órbitas xeocéntricas, facer cálculos sobre as leis de Kepler, visualizar as traxectorias de un ou varios planetas desde distintos ángulos, etc.

Na miña opinión, é máis útil didacticamente que o Celestia, pois se poden variar a vontade certos parámetros, como a velocidade orbital, por exemplo, o que permite ver as distintas traxectorias que se xeran. Se se proxecta con un canón, pódense medir, por exemplo, as dimensións das órbitas para comprobarmos que son elipses, ás áreas da segunda da lei de Kepler, períodos e distancias para comprobar a 3ª lei de Kepler, …

As limitacións da versión gratuíta son que, por unha banda, cada simulación dura so vinte segundos, logo tes que volver lanzala, pero normalmente os 20 segundos chegan. A outra limitación é que non podes crear as túas propias simulacións, pero as que trae son moi útiles.

Páxina de descarga da versión de avaliación:

http://www.ottisoft.com/orbit_x.htm

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: